· O máximo órgano da UDC estará conformado por un total de 63 membros, 34 homes e 29 mulleres.
A Coruña, 15 de abril de 2026
A Universidade da Coruña celebrou hoxe a constitución do seu novo Consello de Goberno, logo da súa renovación para adaptalo aos Estatutos da UDC e en liña co marcado pola LOSU. Logo de rematados os diversos procesos electorais desenvolvidos nas semanas anteriores, este Consello de Goberno queda conformado por un total de 63 membros, 34 homes e 29 mulleres.
Iníciase pois unha etapa nova cun Consello de Goberno renovado en case a metade da súa composición, que prevé introducir algunhas novidades organizativas que se recollerán, na súa meirande parte, nun novo Regulamento de Réxime Interno, que é necesario aprobar tal e como recollen os Estatutos, como se está a facer nos centros e nos departamentos.
A constitución do Consello de Goberno chega tras a constitución a semana pasada do novo Claustro, en consonancia cos novos Estatutos da UDC, aprobados en 2025.
Publicado por: Gabinete de Comunicación da UDC