II Premios Emprendemento (TFG-TFM e teses doutoramento)

15/09/25 13:15

Poderá presentarse o estudantado de calquera área de coñecemento que defendese un TFG, TFM ou tese de doutoramento na UDC entre o 1 de setembro de 2023 e o 31 de xullo de 2025, que verse sobre a actividade emprendedora e a súa xestión.

20 PREMIOS

15.000 euros repartidos en dúas categorías:

  • TFG e TFM
  • Teses de doutoramento

Prazo de presentación de solicitudes remata ás 14:00 horas do día 24 de setembro de 2025.

https://forms.office.com/e/hAYyUhhnDa 

ℹ️ Máis información

Os premios están financiados a través do convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e as tres universidades públicas galegas, para realizar actuacións de difusión, promoción e apoio ao emprendemento na comunidade universitaria.

Publicado por: Emprego