Intercambio Académico coa Universitat Sènior da UPV, abril de 2025

12/03/25 14:43

A Universidade Sénior acolle unha nova edición dos Intercambios Académicos co seu programa homólogo na UPV que será desenvolvido no vindeiro mes de abril.

No presente curso 2024-2025, a Universidade Sénior da UDC será anfritrioa dunha nova edición dos Intercambios Académicos coa Universitat Senior da Universitat Politécnica de Valencia.

Así, entre o 7 e o 11 de abril de 2025, un grupo de alumnos e alumnas deste programa universitario para maiores de Valencia participará nun completo programa de actividades académicas, sociais e culturais, desenvolvidas coa colaboración de docentes e mailo acompañamento de alumnos e alumnas da Universidade Sénior da UDC.

Descargar díptico (PDF)

 

O vindeiro 20 de marzo de 2025, ás 10:30 horas, na Aula 1 da Universidade Sénior en Normal (Paseo de Ronda, 47) e ás 11:30, na Aula 2.1 do Edificio de Apoio ao Estudo, terán lugar cadansúa reunión informativa por campus á que están chamados a asistirr todos os alumnos e alumnas que estén interesadas en participar como voluntarios/as no acollemento e acompañamento do alumnado da UPV.

 

[Intercambio UPV 2025] Cartel - reunións

Pódese solicitar a participación como alumnado acolledor mediante impreso que será facilitado nas respectivas Secretarías da Universidade Sénior e debe ser entregado cuberto antes do vindeiro 28 de marzo, venres.

 

Publicado por: Universidade Senior