Mobilidade - Primeiro prazo de solicitudes para o curso 2026/2027

12/11/25 15:51

Mobilidade internacional

O primeiro prazo de solicitudes para a Mobilidade Internacional do curso 2026/2027 estará aberto do 13 ao 26 de novembro. Antes de realizar a solicitude, é imprescindible ler atentamente as bases do programa, dispoñibles nesta ligazón:

Bases da convocatoria

Tamén deberán consultar as prazas dispoñibles a través da seguinte ligazón:

Consulta de prazas

Unha vez lidas as bases, poderán consultar dúbidas específicas nunha reunión coa coordinadora da Facultade o luns, 17 de novembro, de 14.00 a 15.00 horas, na aula 2.6.

 

 Bases da convocatoria

Publicado por: Facultade de Turismo