O Observatorio Ocupacional UDC é unha unidade de estudos dedicada á análise da empregabilidade e da inserción laboral dos graduados universitarios. Isto realízase fundamentalmente a través do seguimento dos titulados e do desenvolvemento das competencias profesionais.
O Observatorio Ocupacional UDC:
- Estuda a empregabilidade e a inserción laboral dos egresados e egresadas da UDC.
- Valora as competencias adquiridas por graduados/as da UDC e as competencias requiridas polas organizacións empregadoras.
- Segue as tendencias de emprego na área de influencia da UDC, con especial atención ao emprego de graduados e graduadas.
- Conciencia á sociedade sobre o éxito profesional das persoas que estudaron na UDC.