Ecosistema de investigación na UDC

A UDC conta cun ecosistema de investigación vibrante e en expansión, apostando pola excelencia e a innovación. A UDC comprométese coa investigación de fronteira e a colaboración internacional, ofrecendo a investigadores de todo o mundo unha contorna propicia para o desenvolvemento das súas carreiras profesionais

A UDC lidera proxectos en diversas áreas científicas de gran relevancia internacional: medio ambiente e cambio climático, tecnoloxías emerxentes, saúde, envellecemento e benestar, enerxía e sositibilidade e intelixencia artificial. Ademais, contamos cun moderno parque tecnolóxico e catro centros tecnolóxicos propios e tres interuniversitarios que conectan á investigación coas necesidades da industria. Todo isto completado cun sólido apoio institucional a través de servizos de asesoramento especializados en xestión da investigación, facilitando o acceso a financiación e xestión de proxectos. 

Áreas científicas

A UDC destaca en diversas áreas científicas chave de grande relevancia internacional, como o medio ambiente, la intelixencia artificial ou as tecnoloxías emerxentes. Estas áreas reflicten o compromiso da UDC coa investigación multidisciplinar e coa búsqueda de solucións innovadoras para os grandes retos globais actuais. As áreas de especial interese son:

  • TICs
  • Procesos industriais
  • Ciencias experimentais
  • Innovación Social
  • Enxeñaría
  • Construción civil
  • Saúde
  • Humanidades

Centros de Investigación

A UDC conta con 4 centros de investigación propios, así como outros 3 interuniversitarios (compartidos coa Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo). 

A aposta polos centros tecnolóxicos é crucial, xa que contribúen ao progreso e á innovación e axudan a mellorar a relación co sector empresarial e industrial

Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA)

As Carballeiras, s/n Campus de Elviña

15071 A Coruña, España

+34 881 01 5580

cica@udc.gal

Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil (CITEEC)

Campus de Elviña, s/n

15071 A Coruña, España

+34 881 01 5185

citeec@udc.es 

Centro de Investigación de Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI)

Campus de Esteiro, s/n

15403 Ferrol, España

+34 881 01 3400

citeni@udc.es 

Centro Interuniversitario de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAGA)

Rúa de Constantino Candeira, s/n Campus Vida

15782 Santiago de Compostela, España

+34 881 81 3357

citmaga@citmaga.gal

Centro Interuniversitario dos Paisaxes Atlánticos Culturais (CISPAC)

Edificio Fontán, Cidade da Cultura

15707 Santiago de Compostela, España

+34 881 97 10 10

cispac.xestion@usc.es 

Institutos de Investigación

A UDC dispón de seis institutos de investigación especializados en diferentes ramas de coñecemento e que poñen en valor as súas potencialidades e progresos: