Convocatorias Nacionais

Existen convocatorias a nivel nacional que permiten a investigadores internacionais desenvolver os seus proxectos en institucións como a Universidade da Coruña. O Estado español impulsa diversas convocatorias co obxectivo de atraer talento investigador de excelencia, tanto nacional como internacional. Desde a OCPI, ofrecémosche asesoramento especializado, resolveremos as túas dúbidas e acompañarémoste na preparación da túa solicitude.

Desde a OCPI axudámoste a preparar a túa proposta para as seguintes convocatorias:

Programa Ramón y Cajal

O programa de Axudas para contratos Ramón y Cajal (RyC) do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades ten como finalidade fomentar a incorporación de persoal investigador, tanto español como estranxeiro, cunha traxectoria destacada co fin de que adquiran as competencias e capacidades que lles permitan obter un posto de carácter estable nun organismo de investigación en España. As axudas teñen unha duración de 5 anos, abren anualmente e están dirixidas a persoas candidatas cunha experiencia postdoutoral mínima de 2 anos e máxima de 10.

Máis información

Programa ATRAE

O programa ATRAE para a incorporación de talento consolidado, do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, ten como finalidade facilitar a incorporación de talento investigador, de recoñecido prestixio internacional e que desenvolvese recentemente un período relevante da súa actividade profesional no estranxeiro.  A duración do proxecto poderá ser de 3 ou 4 anos, conleva a estabilización dentro da universidade e está dirixida a persoas candidatas cunha experiencia postdoutoral mínima de 7 anos

Máis información

Programa Beatriz Galindo

O programa de Axudas Beatriz Galindo para a atracción de talento investigador do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades ten como finalidade a captación e formación de capital humano investigador que se atopa desenvolvendo a súa carreira profesional no estranxeiro. As axudas terán unha duración de 4 anos e hai dúas modalidades: A modalidade senior (como mínimo 7 anos de experiencia postdoutoral) e a modalidade junior (menos de 7 de anos de experiencia postdoutoral). 

Máis información

Axudas Consolidación Investigadora

As axudas para incentivar a Consolidación Investigadora, do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, teñen como finalidade o fomento da consolidación da carreira profesional do persoal investigador, incentivando a creación de prazas de carácter permanente e facilitando o afianzamento dunha liña de investigación. A duración do proxecto é de 2 anos, conleva a estabilización dentro da universidade e está dirixida a persoas candidatas que dispoñan dun certificado R3.

Máis información

Programa Juan de la Cierva

O programa de Axudas para contratos Juan de la Cierva (JdC) do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades ten como finalidade fomentar a incorporación de xóvenes, en posesión do grao de doutor, para que completen a súa formación postdoutoral en centros de I+D de España. As axudas teñen unha duración de 2 anos, abren anualmente e están dirixidas a persoas candidatas cunha experiencia postdoutoral máxima de 2 anos.

Máis información