![]() |
||||||||
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
|||
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
|||
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
En 2015 estableceuse por parte de Nacións Unidas un marco de traballo internacional que establecía unha “axenda de traballo” que contiña 17 obxectivos de aplicación universal que, dende o 1 de xaneiro de 2016, rexen os esforzos dos países para lograr un mundo sostible no ano 2030.
Os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) son herdeiros dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM) e buscan ampliar os éxitos acadados con eles, así como lograr aquelas metas que non foron conseguidas.
A Universidade da Coruña asinou, en novembro de 2019, un compromiso público coa Axenda 2030 de Desenvolvemento Sostible das Nacións Unidas.
1. Persoas (ODS 1, 2, 3, 4 e 5)
2. Progreso e planeta (ODS 6,7,8,9,10,11,12,13,14 e 15)
3. Paz e alianzas (ODS 16 e 17)