Apoio ás persoas inmigrantes e refuxiadas

Aulas de español para persoas estranxeiras (Ferrol)

Este proxecto xurde como ampliación da Aula Intercultural de Apoio escolar a Menores, xa que detectouse a necesidade de ofrecerlle a persoas adultas de orixe estranxeiro (nalgúns casos as nais dos menores), clases de español para facilitarlles a interacción no día a día e favorecer así a súa inclusión na sociedade. As aulas teñen lugar martes e xoves en horario de 15.30 a 17.00 h no Edificio de Apoio ao Estudo do Campus Industrial de Ferrol.

.

ODS10_ReducirdesigualdadesODS4_Educacion

Aulas para a preparación dos exames de nacionalidade española (Ferrol)

Persoas que buscan obter a nacionalidade española recibirán formación específica para presentarse aos exames que lles permitan obter os Coñecementos Constitucionais e Socioculturais de España (CCSE). O CCSE é unha proba de exame elaborada polo Instituto Cervantes que avalía, por medio de distintas tarefas, o ceñecemento da Constitución e da realidade social e cultural españolas, un dos requisitos establecidos nas leis para a concesión da nacionalidade española para sefardíes orixinarios de España e para a adquisión da nacionalidade para residentes en España, segundo corresponda. Os martes en horario de 10.30 a 12.00 h no Edificio de Apoio ao Estudo do Campus Industrial de Ferrol.

 

ODS10_ReducirdesigualdadesODS4_Educacion