A Universidade da Coruña, tendo en mente a cada vez maior demanda e o progreso da globalización, ofrece titulacións bilingües.
Con estas titulacións a UDC impulsa a incorporación de docencia en inglés en diferentes titulacións, que amplía non só a capacitación lingüística dos titulados, senon tamén as súas posiblidades de acceder ao mercado laboral, tanto nacional como internacional.
Estes itinerarios bilingües ofrécenlles ao estudantado a oportunidade de estudar en inglés unha parte importante das materias das súas titulacións e/o realizar unha mobilidade a unha universidade estranxeira onde poder continuar a aprendizaxe de idiomas.
Grao en Estudos de Arquitectura
Grao en Administración e Dirección de Empresas
Grao en Inglés: Estudos lingüísticos e literarios
Grao en Relacións Internacionais
Grao en Xestión Industrial da Moda
Master Universitario en Ciencias, Tecnoloxía e Xestión Medioambiental