Na OTC estamos convencidos de que a xeración de coñecemento e a súa aplicabilidade son elementos fundamentais para o progreso dunha sociedade. Cremos firmemente na capacidade do triángulo do coñecemento (Investigación e tecnoloxía/ Educación superior/ Industria e negocio) para impulsar a competitividade.
A UDC pon á túa disposición a experiencia e o coñecemento do seu persoal investigador para resolver retos e necesidades concretas. A colaboración pode materializarse en contratos de I+D, estudos técnicos, formación contratada ou asesoramento especializado en múltiples áreas do saber.