Solicitude de formación externa

¿Cando se pode solicitar formación externa?: Sempre que se precise formación específica para o posto de traballo cuxo contido non se oferte dentro do Plan de Formación do PAS, nin dentro dos convenios coa EGAP ou coa CIXUG. 

 ¿Onde?: Enviando a solicitude por correo electrónico a formacion.pas@udc.es 

¿Como?:  As  persoas interesadas, cunha antelación mínima de quince días naturais ao inicio do curso, dirixiranlle á Xerencia, a través de formacion.pas@udc.es  unha solicitude, autorizada polo/a superior xerárquico/a, xunto co programa completo da formación á que se pretende asistir.

Será necesario que o contido non sexa obxecto da planificación dunha acción formativa propia da UDC e debe cumprir coas seguintes características que se xustificaran mediante un informe:

  1. Debe ter relación directa coas funcións do posto de traballo e poderase aplicar a formación recibida no desenvolvemento do traballo cotián.
  2. Debe permitir un desenvolvemento profesional  da persoa solicitante  no ámbito laboral ou administrativo da súa área de traballo.
  3. Suporá unha manifesta mellora das prestacións profesionais da persoa solicitante, que lle permitan unha mellor adaptación ás condicións técnicas que puideran producirse no seu posto de traballo.

Financiamento:  Se a solicitude conta coa aprobación da Comisión de Formación, poderanse sufragar os gastos derivados da participación na formación solicitada, dentro do prazo máximo dun mes logo de rematar a formación.

A tramitación económica dos gastos autorizados deberá solicitarse ao correo negociado.aaee@udc.es achegando a autorización asinada pola Xerencia.