¿Qué se fizo aquel trobar?

La poesía de cancionero ayer y hoy

Sobre a colección: Cancionero General

Colección de estudos sobre literatura medieval e, máis en concreto, sobre poesía cancioneril. Este proxecto pretende promover a publicación de diversas investigacións de interese, desde aquelas realizadas con rigor por membros da propia UDC, ata as levadas a cabo por recoñecidos especialistas nacionais e estranxeiros.
Dá inicio á colección un volume colectivo titulado "¿Qué se fizo aquel trobar?". La poesía de cancioneiro ayer y hoy, ao que seguirá unha excelente pescuda que estuda e edita a poesía de dous autores cancioneriles do século XV, inéditos ata o de agora: Juan Agraz e Juan Marmolejo.
A colección dirixida por Cleofé Tato, catedrática de Literatura española medieval, conta cun comité científico integrado por investigadores de prestixio, nacionais e estranxeiros.

 

Sobre o libro: ¿Qué se fizo aquel trobar?”. La poesía de cancioneiro ayer y hoy

ISBN: 978-84-9749-878-4 |  2023 |  17 x 24cm | P.V.P.: 30 euros

Cleofé Tato (ed.)

Este volume reúne un total de 32 achegas, debidas a diferentes investigadores nacionais e estranxeiros, que, de maneira rigorosa, desde distintas perspectivas, con diferentes enfoques e metodoloxías, reflexionan sobre variados aspectos e cuestións concernentes á poesía de cancioneiro producida en chan ibérico.

Idioma da edición da obra: español