Estructura e organización

Na normativa de creación da Rede de Centros e Unidades de I+D+i da UDC (aprobada en consello de goberno o 20 de decembro do 2022), establécense as estruturas dos seus órganos de goberno e as funcións de cada un deles co fin de asegurar o correcto funcionamento da rede. REDCIDi creouse para dar resposta aos obxectivos fixados no Plan Estratéxico da UDC para o período 2022-2026 (especialmente na área estratéxica 02. Investigación e Transferencia), estando constituída polos seguintes órganos:

A Comisión Reitora é o órgano de máxima representación da REDCIDi. Dentro das competencias designadas inclúese o nomeamento da dirección estratéxica da rede, a aprobación do Plan de acción e a Memoria anual de actividades. Este órgano está integrado por:

  • Reitor da Universidade, que ostentará a presidencia. 
  • Vicerreitor de Investigación e Transferencia. 
  • Vicerreitor de Economía e Planificación Estratéxica. 
  • Xerente. 
  • A Dirección Estratéxica da Red. 
  • Unha persona da Unidade Técnica de Xestión da Rede que actuará como secretario/a, con voz e sen voto.

O director da REDCIDi ten asignada a misión de representar á rede ante o resto das institucións, así como establecer accións que permitan o cumprimento do plan de acción anual aprobado pola Comisión Reitora.

Con este fin, dirixe e coordina as accións en materia de investigación e innovación dos centros e unidades I+D+i que integran a Rede, respectando en todo momento a independencia e capacidade funcional de cada un deles.

A Unidade Técnica de Xestión depende do Vicerreitorado de Investigación e Transferencia e actúa baixo as directrices da dirección estratéxica. As súas funcións céntranse en dar soporte ás necesidades dos centros de investigación e as accións definidas nos plans da Rede.

A Comisión Asesora Externa ten como función  asesorar en ámbitos temáticos de I+D+i e propoñer accións. Os seus integrantes estarán formados por persoas con experiencia en xestión de centros de investigación de fóra da UDC e un representante de cada unha das comisións asesoras externas dos centros e unidades que integren á Rede. Debido á recente creación da unidade, atópase en proceso de creación e selección dos seus integrantes.

O obxetivo da creación do Comité de Asesoramento Empresarial consiste en asesorar en materia de transferencia a REDCIDi. Estará integrado por empresas que colaboren activamente coa UDC. Debido á recente creación da unidade, atópase en proceso de creación e selección dos seus integrantes.