Humanización

A humanización nos espazos universitarios busca crear ambientes que fomenten o benestar, a comodidade e a interacción social entre estudantes, profesores e persoal técnico, de xestión e de administración e servizos. Este enfoque pon énfase no deseño centrado nas persoas, integrando elementos naturais, iluminación adecuada e zonas de descanso. Os espazos deben ser inclusivos e accesibles, promovendo a diversidade e a equidade. Ademais, a humanización contribúe a reducir o estrés académico ao ofrecer entornos relaxantes e estimulantes. Valóranse as áreas verdes, as zonas de estudo colaborativo e os espazos abertos que invitan ao encontro e a creatividade. A arquitectura convértese nun apoio para o aprendizaxe e o desenvolvemento persoal. Así, a universidade non so é un lugar de coñecemento, sino tamén un espazo que coida a saúde emocional e social da súa comunidade. 

Obxectivos:

1.-Humanización do espazo físico dos campus, co obxectivo de crear entornas máis accesibles que promovan o benestar emocional e social dos estudantes, docentes, persoal administrativo e visitantes.

2.- Creación de espazos que fomenten a interacción, a colaboración e a aprendizaxe inclusiva. Incorporando elementos como áreas verdes, zonas de descanso, espazos de encontro e mobiliario accesible.

3.-Alinear estas actuacións cos principios de sustentabilidade, ao incorporar solucións e materiais que optimizan o emprego dos recursos e que cumpran cos criterios de certificación sustentable.

 4.- Fomentar o sentido de comunidade entre o estudantado da UDC.

Tras un primeiro estudo da situación actual dos espazos de encontro e estancia dentro dos Campus, decidiuse realizar varias accións, encamiñadas a mellorar o benestar xeral da comunidade.

 

Actuacións relevantes

Actuacións no atrio e salas de coworking

Proxéctase o acondicionamento e dotación de espazos para dotar dunha sede estable, e un espazo de traballo aos CENTROS INTERUNIVERSITARIOS nos que participa a UDC.

Considéranse estes centros clave para a colaboración entre as diferentes institucións académicas e de investigación, fomentando sinerxías que redundan en avances científicos significativos e no progreso do coñecemento en múltiples disciplinas. Estes centros requiren dun lugar de traballo de referencia, equipado, dinámico, sostible e flexible.

A creación destes espazos de traballo compartido facilitarán a integración de equipos multidisciplinares e multi-institucionais, optimizando os recursos dispoñibles e favorecendo a colaboración e interacción entre as persoas que integran os diferentes equipos de traballo.

Para albergar este centro escolleuse o Edificio de Servizos Centrais de Investigación, ocupando o atrio central e dous salas deste andar que ata ese momento atopábanse sen uso.  

A formulación do proxecto era a creación dun lugar de traballo híbrido e flexible, no que convivisen zonas de traballo individual e traballo en grupo, áreas de descanso e ocio, e un espazo de salón de actos. O uso compartido de todos os espazos e o fomento da interacción e colaboración entre os investigadores, constituíron as premisas de partida.

O atrio do ESCI xunto co as dúas salas adxacentes cumprían coas condicións necesarias para a implantación do programa proposto.

No atrio, que actúa como o núcleo central da intervención, dispúxose o salón de actos e diversas áreas de traballo individual e espazos de soft seating.

Ademais, habilitáronse tres salas de usos múltiples, que poden funcionar como espazos para reunións, videoconferencias ou traballo individual. Estes salas están visualmente conectadas co atrio, co fin de mellorar a súa calidade espacial e conseguir un espazo máis dinámico e colaborativo.

 

DEFINICIÓN DAS ACTUACIÓNS REALIZADAS:

As accións levadas a cabo para alcanzar os obxectivos establecidos dividíronse en dous tipos: a execución de obras de construción para a adecuación dos espazos e a adquisición e dotación dos mesmos co mobiliario e equipamento necesarios.

Obras de construción:

Atrio:

Co fin de mellorar a calidade construtiva e espacial do atrio, que se consolidou como o centro da intervención, leváronse  a cabo as seguintes obras:

  • Colocación dun revestimento de paneis aglomerados de madeira con acabado en carballo, sobre rastrelado de madeira de piñeiro, nos paramentos que delimitan o espazo. Alcanzando a altura do lintel superior da carpintería existente (2.20 m) 
  • Rematado nas partes superior e inferior con dous listóns de madeira maciza, tamén de carballo, de 5x3cm de sección.
  • Pintado das zonas non paneladas das paredes, en particular o espazo situado entre o lintel superior da carpintería e o teito, con tres mans de pintura acrílica branca, previa limpeza, emplastecido do paramento e reparación de fendas existentes no soporte.
  • Pintado das carpinterías existentes, lixado superficial, imprimación e tres mans de pintura.
  • Saneamento e adecuación de xuntas de dilatación en paredes.
  • Retirada e posterior colocación de elementos da instalación de protección contra incendios.

                  20240822_112122_BIS                            Panelado BIS

Salas de coworking:

Destínanse a salas de coworking dous espazos sen uso situados na planta do atrio. Un deles, cunha superficie de 50 m² e situado na fachada este, fora utilizado como aula de formación. O segundo, de 25 m², atópase na fachada oeste e destinouse ao almacenamento do edificio.
O espazo da antiga aula de formación dividiuse en dous partes, o que permitiu obter tres salgas de 25 m² cada unha.


As obras de acondicionamento necesarias para habilitar estes espazos como zonas de traballo colaborativo foron as seguintes:

  • Apertura de ocos na tabiquería de separación das salas e o atrio.
  • Demolición de tabiquería e levantado de carpintería existente que formaba o vestíbulo de emerxencia do almacén 10.
  • Instalación de nova carpintería de madeira nos ocos abertos, xunto co acondicionamento da carpintería existente, que inclúe ampliación da superficie acristalada e pintado.
  • Colocación dun biombo de madeira e vidro para dividir o espazo de maior superficie en dúas salas independentes, mantendo ao mesmo tempo a posibilidade de comunicación entre ambas.
  • Reparación e acondicionamento de paramentos e falsos teitos.
  • Pintado das paredes con tres mans de pintura acrílica branca, previa limpeza, emplastecido do paramento e reparación de fendas existentes no soporte.
  • Adecuación da instalación de electricidade existente. Adaptación da instalación, facendo independentes as dúas salas. Encastrado da canalización e os cadros eléctricos nos paramentos verticais.
  • Instalación de novas luminarias led nas salas de traballo compartido.
  • Adecuación da instalación de fibra existente.
  • Adecuación da instalación de climatización acorde a nova distribución. Colocación de novas reixas de extracción e impulsión de aire.
  • Subministración e colocación de luminarias de emerxencia e detectores.

Dotación de Mobiliario e equipamento:

O mobiliario seleccionado é un dos elementos crave da intervención, xa que desempeña un papel fundamental na definición do espazo aberto e híbrido, onde coexisten diversos usos, sendo leste o punto de partida do proxecto. Contribúe á creación de contornas funcionais e agradables, que favorecen o benestar dos usuarios.

Atrio:

Defínense, dentro do espazo único, distintas zonas, co mobiliario como creador e delimitador delas.  

  • Salón de actos móbil. Equipado con corenta e cinco cadeiras que, en función do evento a realizar, pódense dispor de diversas maneiras. E unha pantalla SONY FW-98BZ30L, fixada a un dos paramentos.
  • Cinco zonas de soft-seating, áreas de descanso e puntos de reunión. Destinadas a fomentar a comunicación, reflexión e relaxación.
  • A intervención complétase coa creación dunha zona de traballo, utilizando mobiliario recuperado do Laboratorio de Polímeros do edificio da E.U.P. de Serantes no campus de Ferrol, e a colocación de varias árbores e plantas preservadas que contribúen a aumentar a sensación de benestar.
  • Alfombras, testos e 3 lámpadas completan o equipamento.

 

Salas de coworking:

Neste caso, a funcionalidade e a ergonomía foron os aspectos clave na selección do mobiliario, co obxectivo de garantir que puidese adaptarse a diferentes modalidades de traballo, como o traballo individual en modo coworking, a celebración de reunións ou de videoconferencias.

Cada unha das salas dotouse con:

  • Catro mesas de traballo elevables con rodas e superficie abatible, de 69 x 160 cm.
  • Dez cadeiras ergonómicas. Modelo Stay. Con mecanismo Syncro de axuste sensible, asento con cámara de aire, altura regulable e regulación lumbar.
  • Un televisor de 75 polgadas con soporte Caddy video conferencia de 160x60cm con sistema power frame.
  • Un armario modular de melamina de portas corredizas de 120x150 cm.

Actuación dentro do estándar da sustentabilidade

O principio de sustentabilidade rexe as actuacións realizadas, ao incorporar no mobiliario solucións e materiais que optimizan os recursos naturais.

O mobiliario utilizado é da marca Actiu, comprometidos coa sustentabilidade e o medio ambiente. As series utilizadas acadan os estándares de certificación esixidos en certificación LEED, BREEAM e WELL, e contan coa declaración ambiental de produto DAP/FPD.

Toda a madeira utilizada na fabricación deste mobiliario posúe a certificación de orixe FSC (Forest Sterwardship Council), e algunha dela a certificación PEFC.

Os materiais utilizados na composición do mobiliario non conteñen formaldehido, e contan con garantía certificado de clase E1, o que contribúe á calidade do aire interior.

Creación da Casa do Estudantado

Concíbese como un lugar de encontro, de reunión, de colaboración e tamén de traballo para os estudantes da UDC. Cun obxectivo claro de fomentar o sentido de comunidade entre todos eles.

O espazo elixido e un atrio a dobre altura de  22 x 22 x 7 metros, no antigo edifico do Pavillón de estudantes. Con fachada acristalada, a súa posición no centro do Campus de Elviña outórgalle unha gran visibilidade.

As accións de acondicionamento que se levan a cabo son:

1.- Acondicionamento acústico do espazo, ca colocación no teito duns cilindros fonoabsorbentes, realizados con fibras téxtiles recicladas.

2.- Colocación dun xardín vertical nunha das paredes de separación coa zona de xogos. Ao que se engaden cinco plantas de gran porte separando as distintas zonas.

3.-Pintouse a fachada de separación do atrio co resto do edificio co color corporativo da UDC.

4.- Defínense, dentro do espazo único, distintas zonas, co mobiliario como creador e delimitador delas.      

  • Cinco zonas de soft-seating. Áreas de descanso e puntos de reunión. Destinados a fomentar a comunicación, reflexión e relaxación. Delimitados polo propio mobiliario e paneis fonoabsorbentes, utilizados para mellorar o acondicionamento acústico
  • Unha pequena zona de traballo, tamén delimitada con paneis fonoabsorbentes.
  • Unha zona de auditorio móbil. Formada por unha pantalla e trinta cadeiras. Que, en función do evento a realizar, pódense dispor de diversas maneiras dentro do espazo.

A Casa do Estudantado  será o espazo de referencia para o alumnado e a sede do futuro Consello de Estudantes, creando un espazo propio dentro da institución, fomentando o sentido de pertenza e compromiso coa comunidade. Estes espazos serán autoxestionados na medida do posible. Trátase dun espazo aberto á comunidade UDC no que tamén poderán interactuar con diferentes colectivos. O equipamento instalado invita á interacción entre estudantes de distintas titulacións e promove a creatividade, favorecendo actividades diversas.

Sala para o estudantado

A Escola TS de Náutica e Máquinas e o único centro que queda con docencia no Campus de Riazor.

Decídese acondicionar un espazo sen uso dentro da Escola, a aula 7, para o a utilización do mesmo polo estudantado do centro. Proponse como un lugar de encontro, de reunión, de descanso e de traballo. Co obxectivo de fomentar o sentido de comunidade entre todo o alumnado.

As accións de acondicionamento que se levan a cabo son:

1.- Pintura e limpeza dos paramentos. Incluído o arranxo dos linteis das xanelas

2.- Reutilización, traslado e colocación de 6 mesas de 2 x 1 m, que definen unha zona de reunión, de traballo individual e colectivo,

3.- Creación de dos zonas de soft-seating, que facilitan o descanso e a calma.

 

Actuación dentro do estándar da sustentabilidade

O principio de sustentabilidade rexe as actuacións realizadas, ao incorporar no mobiliario solucións e materiais que optimizan os recursos naturais.

O mobiliario utilizado é da marca Actiu, comprometidos coa sustentabilidade e o medio ambiente. As series utilizadas acadan os estándares de certificación esixidos en certificación LEED, BREEAM e WELL, e contan coa declaración ambiental de produto DAP/FPD.

Toda a madeira utilizada na fabricación deste mobiliario posúe a certificación de orixe FSC (Forest Sterwardship Council), e algunha dela a certificación PEFC.

Os materiais utilizados na composición do mobiliario non conteñen formaldehido, e contan con garantía certificado de clase E1, o que contribúe á calidade do aire interior.

Os elementos fonoabsorbentes utilizados no acondicionamento do espazo están fabricados a partir de fibras téxtiles recicladas, que xeran 0 emisións na súa fabricación, e con certificado ECODISEÑO ISO 1400.

A Sala do Estudantado na Escola Técnica Superior de Náutica e Máquina permitirá ao alumnado dese centro dispor dun espazo de lecer e encontro que fomentará as relacións sociais e o seu benestar psicosocial

Sala de lactancia

Creación dun espazo dentro da Facultade de Ciencias, seminario P3 S1A, situada no Campus da Zapateria, destinado a Sala de Lactancia.

Os obxectivos principais da creación este espazo foron o apio á saúde materna e infantil,  o fomento da satisfacción laboral e a igualdade de xénero.

A privacidade, accesibilidade, limpeza e comodidade, xunto co equipamento necesario, foron os condicionantes tomados para a creación e definición do espazo.

As accións de acondicionamento que se levan a cabo son:

1.- Colocación dun biombo de vidro cun vinilo, na separación do espazo destinado a este fin co resto da sala. Utilizouse vidro con alto illamento acústico.

2.- Limpeza e pintura de paredes e teito.

3.- Revestimento dunha das paredes cun panel fonoabsorbente absotec.

4.- Adquisición e colocación do equipamento e mobiliario necesario para conseguir a calidade espacial buscada. Cadeira e repousa pés, lámpada, mesa pequena, un cambia cueiros e microondas.

 

A sala de lactancia promoverá a igualdade de xénero, o fomento da satisfacción laboral e o apoio á saúde materna e infantil. Favorece ademais a compatibilidade dos estudos e o traballo cos coidados das persoas.

 

Reurbanización de beirarrúa na Rúa Rebandas

 marcaCorporativa2023                        Actuación financiada polo Concello da Coruña

 

No eido da mellora da accesibilidade o transporte público, realizouse a Reurbanización da beirarrúa de rúa Rebandas. Esta rúa é a unión entre o campus de Elviña e o núcleo urbano do Castro de Elviña, e por ela transitan moitos usuarios do transporte público todo o ano, ao conectar o parada "Campus de Elviña glorieta " coa biblioteca da Universidade e o núcleo do Castro. Esta beirarrúa encontrábase antes da intervención en moi mal estado, practicamente intransitable para persoas con algún problema pequeno de mobilidade. Está situada nun dos laterais do edificio Xoana Capdevielle, no campus de Elviña. O obxectivo desta intervención era mellorar a accesibilidade, incrementar a seguridade peonil e, ao mesmo tempo, mellorar a calidade urbana da contorna.

A actuación limítase á beirarrúa do lado oeste da rúa, que era a que se atopaba en peor estado, e esténdese desde a rotonda do Campus de Elviña ata a rúa Antonio Insua Rivas, cunha lonxitude total de 135 metros

Antes da intervención, o ancho da beirarrúa era de 2,90 metros. Incluíndo neste ancho os alcorques dos plátanos, que se atopaban pegados á calzada e tiñan mais dun metro de ancho. Ao descontar o ancho dos alcorques, o paso útil da beirarrúa quedaba en 1,40 metros.

Os árbores son plátanos de grande porte, dispostos en fila e situados no lado este da beirarrúa. No lado oeste, a beirarrúa estaba delimitada por muros de algo máis dun metro de altura que contiñan os parterres dunha zona verde. A sección creada polos árbore e os muros resultaba visualmente moi pechada, que impedía a percepción dun espazo aberto e amplo.

O pavimento da beirarrúa estaba composto por lousas de pedra colocadas sobre unha cama de area, sobre o terreo compactado. Co tempo, o crecemento das raíces dos árbores provocou a rotura das lousas, xa que estas foron levantadas polo empuxe do solo.

Este feito fixo que o pavimento se volvese irregular e perigoso, con perdida completa de planeidade. O seu mal estado transformaba a área nunha zona de alto risco, dificultando a mobilidade non só para persoas con problemas de movemento, senón tamén para aquelas sen dificultades aparentes. A consecuencia inmediata deste deterioro foi o aumento de accidentes e caídas, o que evidenciaba a urxente necesidade de reparacións

Para solucionar o problema, decidiuse modificar o deseño da urbanización desta zona. A área destinada o tráfico peonil foi desprazada cara o oeste. A superficie ocupada ata ese momento pola beirarrúa destínase exclusivamente a zona verde, permitindo o crecemento libre das raíces dos árbores, e separando a zona peonil da  destinada ao coche.

A continuación situase a paso peonil cun ancho de 2.25 m, neste caso totalmente libre de obstáculos. Cun pavimento continuo, antidescorregadizo e cunha pendente tamén continua

Para este desprazamento da zona peonil cara a zona verde foi necesario demoler os muros dos parterres existentes, deixando o terreo en noiro. Este cambio permitiu reconfigurar a sección, logrando un espazo máis aberto e visualmente máis agradable, ao tempo que se melloraba a conexión entre as dúas áreas."

Corrixíronse as posicións das luminarias para adaptalas á nova disposición da beirarrúa. Ao situarse fóra da área de proxección das copas dos árbores, mellorouse a distribución da iluminación na zona, o que, á súa vez, optimizou as condicións de visibilidade e incrementou a percepción de seguridade no entorno.

As obras realizadas foron as seguintes:

  • Levantamento do pavimento de pedra existente, aproveitando as pezas para a súa reinstalación nas interseccións cos pasos de peóns. Realizouse tamén a limpeza da zona e o acondicionamento do terreo para a implantación do céspede..
  • Demolición dos muretes de formigón armado revestidos con lousas de pedra que separan as zonas verdes da beirarrúa
  • Acondicionamento do terreo, con variación das pendentes e a súa posterior computación, co fin de preparar a base para a colocación da soleira de formigón na formación da beirarrúa.
  • Soleira de formigón de 15 cm. de espesor, con acabado desactivado, colocada sobre terreo compactado e capa de formigón de limpeza. Inclúe a instalación de bordos de formigón nos límites da beirarrúa para garantir a contención e estabilidade da estrutura.
  • Acondicionamento do terreo nas novas zonas verdes, que incluíu a preparación e nivelación do solo, así como a plantación de céspede para a mellora estética e ambiental do espazo

 

Execución de carril bici na Rúa Rebandas

marcaCorporativa2023                        Actuación financiada polo Concello da Coruña

 

Dentro do marco de promoción do transporte sostible nos campus, a actuación prevista para este ano inclúe a execución dun novo tramo de carril bici na rúa Rebandas, que completará a reurbanización integral desta vía. Este tramo considérase fundamental para mellorar a comunicación entre os campus de Elviña e A Zapateira.

A área de intervención comeza na intersección coa rotonda de acceso ao campus de Elviña, a través da Rúa José María Luengo Martínez, e continúa en dirección ao edificio Xoana Capdevielle e ao paseo peonil que conecta coa Rúa Antonio Insua Rivas.

Proxéctase o carril bici no lado oeste da calzada, xunto á zona de árbores da nova reurbanización. As obras realizadas supoñen a creación dun novo espazo segregado e exclusivo para a circulación de bicicletas, garantindo a súa seguridade ao evitar a compartición co tráfico rodado e os peóns.

A implantación do carril bici levouse a cabo mediante a reordenación dos espazos existentes na vía, situándose sobre o aparcadoiro en liña existente.

O obxectivo principal desta intervención era crear un carril bici segregado, cun ancho mínimo de 2,50 m, que permita a circulación bidireccional, e que se separe do espazo destinado aos vehículos motorizados por unha franxa de 0,40 m.

Para garantir a seguridade dos usuarios, disporanse balizas cada 2,50 m. Dado que o ancho do carril de aparcamento era de 2,10 m, será necesario repintar o eixe da calzada, estreitando os carrís de circulación ata un ancho de 3,00 m

A reordenación lograse mediante o emprego de novos pavimentos, a modificación das marcas viais e a instalación dun novo balizamento.

As obras realizadas foron as seguintes:

  • Retirada de elementos de superficie: mobiliario, sinais e postes.
  • Fresado do aglomerado asfáltico en quente cunha profundidade de 3 cm ao longo do ancho do carril bici
  • Extensión dunha capa de aglomerado asfáltico en quente tipo MSR-6, pigmentado de cor vermella, tras a aplicación previa dun rego asfáltico.
  • Colocación de sinalización horizontal para separar o carril bici mediante unha dobre liña continua de 10 cm, cunha separación entre eixes de 40 cm. Así mesmo, sinalizaranse os pasos de peóns con baldosas de 20 cm, separadas entre elas por 20 cm.
  • Implantación de sinalización vertical para identificar o carril bici e os pasos de peóns.
  • Colocación de bolardos flexibles de caucho, de cor verde, cunha altura de 100 cm e un diámetro de 9 cm, para separar o carril bici da calzada, agás no inicio, final e nos puntos de encontro cos pasos de peóns

 

New content section

New content section

New content section