Crear un laboratorio transnacional de mellora, interconexión e especialización intelixente dotado de estruturas, ferramentas e servizos avanzados para apoiar proxectos únicos, innovadores, sustentables e inclusivos baseados nos valores da Nova BauHaus europea, innovando na cadea de valor do turismo e a cultura azul das rexións do Espazo Atlántico e que transforman, revitalizan e potencian o ecosistema turístico costeiro en equilibrio co mar e a súa cultura como factor crave de resiliencia, benestar e sustentabilidade.
Obxectivos Específicos
- OE1. Promover a innovación social e a especialización intelixente baseadas en valores e oportunidades ofrecidos pola Nova BauHaus europea na cadea de valor do sector do turismo azul e as Industrias Culturais e Creativas vinculadas ao mar nas rexións costeiras do Espazo Atlántico, buscando mellorar a súa transición ecolóxica, dixital e intelixente.
- OE2. Facilitar o intercambio, transferencia e capitalización de información, coñecemento, recursos, ferramentas e experiencias existentes para acelerar e promocionar proxectos únicos das Industrias Culturais e Creativas e turismo azul nas rexións costeiras do Espazo Atlántico.
- OE3. Apoiar a intelixencia, a construción de alianzas, a participación e a gobernanza colectivas das comunidades costeiras do Espazo Atlántico para crear unha corrente de ciencia e coñecemento cidadáns dedicado á transferencia de solucións innovadoras e socialmente inclusivas.