En colaboración co Concello de As Pontes de García Rodríguez, o Vicerreitorado deTitulacións e Internacionalización e a Universidade Sénior, o Programa Universitario para Maiores da Universidade da Coruña, achegan a formación universitaria para maiores mediante un proxecto de democratización do coñecemento baixo o título “Compartir experiencias e coñecemento”.
Dirixido a persoas maiores de 50 anos das Pontes de García Rodríguez, este programa consta de tres módulos, con sesións teóricas, de 17 a 19 horas, e sesións prácticas, impartidas, en dous días a semana, por profesorado da Universidade da Coruña, nas que se abordarán diferentes temáticas:
|
MÓDULO I. HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS |
||
|
9 de marzo, de 17 a 19 h. |
“O Xigante Esperto: China, a gran descoñecida” |
Prof. Iván Nieto Cerderiña |
|
11 de marzo, de 17 a 19 h. |
“Arte de vangarda: manual de instrucións” |
Prof. Fernando Agrasar Quiroga |
|
16 de marzo, de 17 a 19 h. |
“A xustiza penal en España: mitos e realidades” |
Profa. Eva Mª Souto García e José Antonio Ramos Vázquez |
|
MÓDULO II. CIENCIAS DA TERRA E TECNOLOXÍA |
||
|
23 de marzo, de 17 a 19 h. |
“A revolución dixital na xestión da auga” |
Prof. Miriam Timiraos Díaz |
|
25 de marzo, de 17 a 19 h. |
“O coche do futuro moverase con hidróxeno?” |
Profa. Socorro Castro García |
|
6 de abril, de 17 a 19 h. |
“Enerxías renovables e transición ecolóxica: o papel da cidadanía” |
Prof. José Antonio Cortés Vázquez |
|
MÓDULO III. CIENCIAS DA VIDA E DA SAÚDE |
||
|
13 de abril, de 17 a 19 h. |
“Cerebro: memoria, sono e rock and roll” |
Prof. Casto Rivadulla Fernández |
|
15 de abril, de 17 a 19 h. |
“Evolución ou extinción: eu decido” |
Profa. Esther Fernández Fernández |
|
20 de abril, de 17 a 19 h. |
“Cambio climático: causas, consecuencias e solucións” |
Prof. Salvador Fojón Polanco |
Mais información no espazo web: Formación Universitaria para Maiores de 50 anos nas Pontes