MATRÍCULA DE CONTINUACIÓN

Antes de comezar a matrícula

Só os estudantes con expediente aberto na titulación poden matricularse de continuación de estudos.

Se es un estudante de novo ingreso, debes visitar a páxina de matrícula de novo ingreso

Se es un estudante de continuación de estudos, consulta a guía de matrícula de continuación antes de comezar a matrícula, xa que contén información importante que che axudará no proceso.

Proceso de Matrícula

Como es estudante da UDC, tes unha conta institucional coa que debes acceder ao proceso de matrícula.

Se non recordas a túa conta podes recuperala na ligazón de abaixo.

Recorda consultar a guía de matrícula antes de comezar ou se che xurden dúbidas durante o proceso.

Axuda e incidencias

Se precisas axuda durante o proceso de matrícula, podes dirixirte ao centro responsable do título do que te matriculas (podes consultar esta información aquí).

A partir do momento no que fagas a matrícula, todas as cuestións relacionadas con ela debes consultalas co teu centro.