Proxecto de Custodia do Monte da Fraga

A Custodia do Territorio é unha estratexia de conservación definida pola Lei 42/2007, de 13 de decembro, de Patrimonio Natural e da Biodiversidade, segundo a cal:

As Administracións Públicas fomentarán a custodia do territorio mediante acordos entre entidades de custodia e propietarios de fincas privadas ou públicas que teñan por obxectivo principal a conservación do patrimonio natural e a biodiversidade.

Os usos universitarios do espazo, particularmente aqueles relacionados coa docencia, a investigación, a formación e sensibilización ambiental de toda a comunidade universitaria, son un factor a termos en conta, ademais dun activo imprescindible deste proxecto de custodia.

Outro piar da custodia do espazo é a participación da cidadanía local. En particular, están a participar os colectivos ecoloxistas ADEGA e HABITAT, que desde o inicio do curso 2017-2018 están a contribuír coa realización de diferentes actividades de estudo e conservación do espazo, ademais de participar na elaboración do proxecto básico de custodia.

Proxecto de Custodia Monte da Fraga (informe 2017)

Nova do convenio na web do Concello da Coruña

MEMORIAS DE ACTIVIDADES MONTE DA FRAGA:

Ano 2017  |  Ano 2018  |  Ano 2019  |  Ano 2020  |  Ano 2021  |  Ano 2022  |  Ano 2023 | Ano 2024

INFORMES SECTORIAIS: