Na cidade hai servizo de ONG para a recollida de aceite e roupa usada, e no teléfono 010 podes informarte sobre outros servizos de recollida de residuos especiais.
Algunhas indicacións son:
- Restos de podas e céspede: no contedor verde (orgánico) se a cantidade é menor de 60 litros (1/4 do volume do contedor). Noutros casos, hai que proceder segundo a ordenanza correspondente.
- Aceite vexetal usado (frituras, aderezos, líquido das latas de conserva...): contedores específicos de ONG que o recollen. Podes contactar con Mulleres Colleiteiras
- Roupa: contedores específicos de ONG na rúa.
- Pilas: hai máis de 1000 puntos colaboradores na cidade.
- Medicamentos e produtos de uso terapéutico: nas farmacias.
- Mobles, electrodomésticos, colchóns, e outros voluminosos: infórmate no teléfono 010.
Aos puntos limpos
A Coruña conta con dous puntos limpos situados nos barrios dos Rosales e en Eirís, e un punto limpo móbil que percorre as rúas da Coruña. Tamén conta con outros dous puntos limpos nos polígonos industriais de Agrela e Pocomaco.
- Residuos especiais: pequenos electrodomésticos, móbiles, discos...
- Residuos perigosos do fogar: produtos de limpeza do fogar, cosméticos e produtos de hixiene persoal, colas e adhesivos, pinturas, vernices e disolventes, insecticidas e antiparasitarios, aceites minerais, aditivos e outros fluídos de maquinaria, fluorescentes, baterías eléctricas...
Localización dos puntos limpos na Coruña: Mapa
Localización dos puntos limpos no Consorcio das Mariñas: Mapa