Que é Residuo Cero?

Seguindo a definición da Alianza Internacional Residuo Cero, trátase dun obxectivo e un plan de acción á vez: “A conservación de todos os recursos mediante a produción, consumo, reutilización e valorización responsables de produtos, envases e materiais sen queimar, e sen vertidos á terra, auga ou aire que ameazan o medio ambiente ou a saúde humana”.

A nosa actual economía extractiva forma parte dun sistema que envía miles de millóns de toneladas de residuos ao ano á nosa terra, océanos e aire, e que segue prexudicando a máis e máis persoas. Residuo cero substitúe este modelo unidireccional por un sistema máis sostible e cíclico que se centra na prevención de residuos e fai énfase nas cadeas de responsabilidade, conectividade e inclusión dentro das comunidades, como a integración formal dos recolectores informais de residuos. A definición de "residuo cero" revisada por pares e recoñecida internacionalmente pola Alianza Internacional de Residuos Cero é importante de precisar e aínda máis importante de defender, xa que o camiño cara a residuos cero será único para cada cidade e comunidade, pero os valores subxacentes que dirixen os esforzos cara residuo cero son compartidos e inquebrantables.

A nivel práctico, residuos cero é á vez un obxectivo e un plan de acción. O obxectivo é garantir a recuperación dos recursos e protexer os escasos recursos naturais acabando coa eliminación de residuos tóxicos en incineradoras, lixeiras e vertedoiros, e establecer no seu lugar sistemas que sexan social e ambientalmente xustos. O plan engloba a redución de residuos, a reutilización, a compostaxe, a reciclaxe, os cambios nos hábitos de consumo e o redeseño industrial, todas elas estratexias que crean comunidades máis resistentes, solucións climáticas, equidade social e ambientes máis saudables.

 

Ligazóns:

https://zerowasteeurope.eu/#1

https://www.no-burn.org/going-zero-waste/

https://www.un.org/en/observances/zero-waste-day

 

Para redes sociais:

Únete á campaña #ThisIsZeroWaste!

Que se fai na UDC?

Co inicio dos programas de compostaxe en 2011 e o proxecto de hortas urbanas en 2013, a UDC avanzou na xestión ecolóxica dos residuos orgánicos xerados nos comedores universitarios, pechando o ciclo da materia orgánica e dos nutrientes e favorecendo a produción de alimentos de calidade no propio campus. O programa de compostaxe da UDC está á evitar a xeración de entre 20 e 40 toneladas de residuos cada ano, que xa non precisan ser transportando a vertedoiros nin incineradoras, evitando a contaminación e conservando recursos.

Consulta aquí a calidade do compost da UDC, informe 2022.

O traballo na UDC a favor de RESIDUO CERO complétase cos programas de recollida separada de todas as fraccións de residuos nos centros, incluídas ás áreas xerais dos edificios, aulas, corredores, despachos e zonas administrativas. A prevención, a compostaxe e a recollida separada para reciclaxe contribúen a residuo cero, xa que son as opcións reais de evitar que os residuos cheguen a vertedoiros, incineradoras ou ao medio ambiente en xeral.

Podes acceder ao informe sobre a Semana Europea de Prevención dos Residuos EWWR 2021 na UDC.