A Universidade da Coruña (UDC) conta na actualidade cun total de 40 parcelas duns 20m2 no Campus de Elviña, e de 30 bancais de 1,2m2 no Campus de Ferrol.
A actuación por parte da UDC incluíu o peche parcial do espazo, adaptación ao novo uso, abonado de fondo con compost de calidade ecolóxica, achega de auga para rega dos cultivos e un caseto con ferramenta. As persoas usuarias (metade estudantes e metade persoal) pagan unha taxa anual e reciben unhas xornadas de asesoramento por unha persoa experta.
Os obxectivos do proxecto, enmarcado nos actuais procesos de ambientalización das universidades, son:
As hortas urbanas da UDC buscan avanzar na xestión ambiental sustentábel do campus e contribuír á concienciación ambiental da comunidade universitaria e da sociedade en xeral.
O uso destes terreos e a relación entre as persoas usuarias e a Universidade rexerase polas normas en vigor de hortas da UDC (2015) e adaptadas ás características de Ferrol (2024).
Todas as dúbidas sobre hortas da UDC poderán formularse a través do correo habilitado: hortas@udc.gal.
RESULTADOS
Recibíronse 26 respostas das persoas usuarias actuais (outubro 2019), o que representa un 65% sobre o total (40 parcelas), incluíndo aquelas que xa non estaban cultivando por baixa ou abandono recente.
Tamén contestaron 16 persoas xa non usuarias (dun total de 59 enderezos de correo-e; 27%), pero que o foron entre 2013 e 2018 por un período que foi de 1 a 3 anos.
O uso do compost producido no ámbito dos campus da UDC, a partir dos restos orgánicos dos comedores e de xardinaría, está a ser utilizado pola maioría das persoas usuarias como principal ou mesmo única fonte de fertilización.
VALORACIÓN GLOBAL
Nunha escala de 1 a 4 puntos, as hortas da UDC foron cualificadas con 3 (42%) e 4 (58%) puntos polas usuarias actuais (45 e 52%, respectivamente, para o total de resposta de usuarias actuais e anteriores).
Isto representa unha valoración moi positiva, sen prexuízo de moitos dos aspectos que a enquisa pon de manifesto que poden ser mellorados.
Ademais, as persoas usuarias manifestaron nun % 79% que a UDC debería habilitar máis espazos de hortas para a comunidade universitaria.