Charla “Propiedade Intelectual no ámbito da investigación e a educación” 

14 de setembro de 2022

O mércores 14 de setembro ás 16:30 horas celebramos a charla “Propiedade Intelectual no ámbito da investigación e a educación” dirixida a estudantes que están a cursar o programa STEMbach e profesores de centros nos que se está impartindo este bacharelato. 
 
O taller, de duas horas de duración, foi impartido por Víctor Salgado, socio-director do bufete de avogados especializado en Dereito TIC Pintos&Salgado, e tivo lugar no CITIC.
 
Durante a charla abordarOnse os aspectos máis importantes da protección da propiedade intelectual en España e en Europa comezando cos aspectos xurídicos xenerais da propiedade inmaterial e culminando cun repaso á Lei de Propiedade Intelectual vixente e a cada un dos dereitos de autor xunto ao seu funcionamento e límites, especialmente aplicado ao ámbito da educación e da investigación. O concepto de autor, tipos de obras e de licenzas tamén sforon tratados, con especial atención ás dúbidas e cuestións que xurdiron durante a sesión. 
 
A xornada foi retransmitida vía streaming e gravada para aqueles estudantes que non puideron asistir presencialmente:
 

Acto de entrega de diplomas 2020-2022

21 de xuño de 2022

O Paraninfo da Reitoría da Universidade da Coruña acolleu o pasado martes, 21 de xuño, o acto de entrega de diplomas aos estudantes que participaron no Bacharelato de Excelencia en Ciencias e Tecnoloxía, STEMbach, en colaboración con investigadores e investigadoras da UDC.

Na cerimonia recibiron a distinción os estudantes que desenvolveron os seus traballos entre o ano 2020 e o 2022 acompañados das súas familias, das coordinadoras e dos coordinadores de STEMbach dos centros de Ensino Medio e as directoras e os directores dos proxectos pertencentes á Universidade da Coruña.

O acto contou tamén coa participación do reitor, Julio Abalde; do conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, Román Rodríguez; da vicerreitora de Oferta Académica e Innovación Docente, Nancy Vázquez; da vicerreitora de Estudantes, Participación e Empregabilidade, María José Lombardía; e da coordinadora STEMbach na UDC, a directora do Campus Innova, Susana Ladra.

Un total de 84 alumnas e alumnos procedentes de 14 centros de ensino galegos desenvolveron neste bienio 2020-2022 os seus proxectos de investigación na Universidade da Coruña. As temáticas foron moi diversas, atopando entre os proxectos títulos como “A procura de novos compostos antitumorais”, “O deseño, modelado e impresión 3D”, “Rodeados de intelixencia artificial. Queres coñecela?”, “O deseño e execución dun habitáculo de emerxencia”, “O discurso de odio en redes sociais”, “Dron acuático para a investigación da calidade da auga”, “Evolución da economía española no século XXI”, entre moitos outros.

A través da realización destes proxectos de investigación, este programa busca fomentar o pensamento científico e o enfoque práctico de indagación e resolución de problemas. Deste xeito, o alumnado integra como parte do seu desenvolvemento formativo competencias que lles permiten elaborar, expoñer e argumentar de forma razoada estes traballos resultado dunha metodoloxía científica.

A Unidade de Investigación FORVI da UDC, desenvolve múltiples actuacións co seu proxecto STEMbach “Laboratorio das emocións”

16 de abril de 2021

A Unidade de Investigación da Universidade da Coruña, FORVI (Formación e Orientación para a Vida) está a desenvolver múltiples actuacións con motivo do seu Proxecto STEMbach “Laboratorio das emocións”.

Este proxecto traballa coas emocións básicas en adolescentes, para que sexan capaces de coñecelas, identificalas e xestionalas; coa finalidade de previr manifestacións de condutas violentas en diferentes ámbitos: parella, acoso escolar, ciberacoso, familia, etc.

FORVI participou na Feira “Open Science” de Cambre, o pasado 19 de setembro, cunha caseta sobre o proxecto Stembach “Laboratorio das emocións”. A través da mesma, se lles achegaba aos asistentes á feira o mundo das emocións desde a educación formal. Como consecuencia da súa participación, foron entrevistados no programa de radio da Asociación “A ciencia é feminino” que se emitiu o 25 de outubro, baixo o título: “Emoción e razón”.

Por outra banda, o alumnado do Centro IES David Buján de Cambre recibiu, no marco do programa STEMbach, aos investigadores do grupo FORVI para traballar diferentes aspectos do Proxecto con sesións nas que se realizaban actividades teórico-prácticas. As sesión presenciais leváronse a cabo nos meses de febreiro, marzo e novembro do 2020, así como en febreiro do 2021. O alumnado do Centro Miraflores de Oleiros tamén se beneficiou dunha xornada sobre “O papel das emocións na formación universitaria” en novembro de 2020.

O “Laboratorio das emocións” celebrou tamén no mes de novembro un obradoiro sobre condutas violentas en parellas de adolescentes coa AMPA do IES David  Ferro Couselo da cidade de Ourense. O encontro encadrábase dentro do programa Equality 3.0 e permitiu conversar sobre o tema da violencia con familias e co profesorado do citado instituto, así como amosar os resultados dunha enquisa previa celebrada no centro.

Finalmente, o vindeiro 21 de abril terá lugar a defensa do Proxecto STEMbach de dúas estudantes do IES David Buján de Cambre. Participan no tribunal as profesoras María Luisa Rodicio García y María Paula Ríos de Deus.

A actualidade da Unidade de Investigación FORVI está dispoñible no seu Instagram: @forvi_innova

Participación de FORVI co seu proxecto o Laboratorio das Emocións Participación de FORVI co seu proxecto o Laboratorio das Emocións Participación de FORVI co seu proxecto o Laboratorio das Emocións

 

A Unidade de Investigación FORVI da UDC, desenvolve múltiples actuacións co seu proxecto STEMbach “Laboratorio das emocións”

16 de abril de 2021

A Unidade de Investigación da Universidade da Coruña, FORVI (Formación e Orientación para a Vida) está a desenvolver múltiples actuacións con motivo do seu Proxecto STEMbach “Laboratorio das emocións”.

Este proxecto traballa coas emocións básicas en adolescentes, para que sexan capaces de coñecelas, identificalas e xestionalas; coa finalidade de previr manifestacións de condutas violentas en diferentes ámbitos: parella, acoso escolar, ciberacoso, familia, etc.

FORVI participou na Feira “Open Science” de Cambre, o pasado 19 de setembro, cunha caseta sobre o proxecto Stembach “Laboratorio das emocións”. A través da mesma, se lles achegaba aos asistentes á feira o mundo das emocións desde a educación formal. Como consecuencia da súa participación, foron entrevistados no programa de radio da Asociación “A ciencia é feminino” que se emitiu o 25 de outubro, baixo o título: “Emoción e razón”.

Por outra banda, o alumnado do Centro IES David Buján de Cambre recibiu, no marco do programa STEMbach, aos investigadores do grupo FORVI para traballar diferentes aspectos do Proxecto con sesións nas que se realizaban actividades teórico-prácticas. As sesión presenciais leváronse a cabo nos meses de febreiro, marzo e novembro do 2020, así como en febreiro do 2021. O alumnado do Centro Miraflores de Oleiros tamén se beneficiou dunha xornada sobre “O papel das emocións na formación universitaria” en novembro de 2020.

O “Laboratorio das emocións” celebrou tamén no mes de novembro un obradoiro sobre condutas violentas en parellas de adolescentes coa AMPA do IES David  Ferro Couselo da cidade de Ourense. O encontro encadrábase dentro do programa Equality 3.0 e permitiu conversar sobre o tema da violencia con familias e co profesorado do citado instituto, así como amosar os resultados dunha enquisa previa celebrada no centro.

Finalmente, o vindeiro 21 de abril terá lugar a defensa do Proxecto STEMbach de dúas estudantes do IES David Buján de Cambre. Participan no tribunal as profesoras María Luisa Rodicio García y María Paula Ríos de Deus.

A actualidade da Unidade de Investigación FORVI está dispoñible no seu Instagram: @forvi_innova

Participación de FORVI co seu proxecto o Laboratorio das Emocións Participación de FORVI co seu proxecto o Laboratorio das Emocións Participación de FORVI co seu proxecto o Laboratorio das Emocións

 

Investigadores da UDC imparten unha actividade de análise de datos no IES Miraflores

12 de febreiro de 2020

Os estudantes de primeiro de bacharelato do IES Miraflores de Oleiros recibiron, no marco do programa STEMbach, aos investigadores da Universidade da Coruña Ricardo Cao Abad, Ana López Cheda, Inés Barbeito Cal e Rebeca Peláez Suárez para participar nunha actividade sobre a análise de datos. Durante a mesma, os estudantes tiveron a oportunidade de realizar un caso práctico cos investigadores.


Ademais, tamén foron orientados sobre a oferta académica da Facultade de Informática da UDC, especialmente en relación co novo grao en Ciencia e Enxeñería de Datos.

Os estudantes do STEMbach do IES Sofía Casanova presentan os seus traballos de investigación na Escola Politécnica Superior do Campus de Ferrol

24 de xaneiro de 2020

Os estudantes do STEMbach do IES Sofía Casanova presentaron, este xoves 23 de xaneiro, os seus traballos de investigación na Escola Politécnica Superior do Campus de Ferrol.

En total, 17 alumnos levaron a cabos oito proxectos de investigación nas escolas e facultades do Campus Industrial:

  • Análise da viabilidade económica- financeira da pulseira multifunción para a prevención de riscos

Verónica Rodríguez Martínez e Álvaro Caínzos Urtiaga

  • Análise da seguridade vial na conducción autónoma mediante un robot

Sabela López Quintanilla e Nuno Baamonde Beceiro

  • Estudo do comportamento dun aeroxerador mariño

Rita Cid Rivas, Manuela Iglesias Cernadas e Iago Villarino García

  • Posicións relativas entre elipses

Alejandro Novo Cal e Diego Picos Peña

  • Simulación do movemento dun Segway para o axuste do seu controlador

Henar Mariño Bodelón e Marta de Castro Leira

  • Avaliación da formación sobre sexualidade en adolescentes. Proxecto AFASex

Estela Pena Hermida, Laura López Cabadas e Sara Santiago Piñeiro

  • Implantes de Titanio procesados mediante láser: Ensaios de corrosión en fluídos fisiolóxicos simulados

Jimena García Fernández e Mª Dolores Lage Cons

  • Determinación dun dente fósil mediante estudos morfolóxicos e bioquímicos

Mateo López Vázquez

Os alumnos do IES Agra do Orzán visitan a Facultade de Ciencias e os Servizos de Apoio á Investigación (SAI)

23 de xaneiro de 2020

Os alumnos STEM do IES Agra do Orzán visitaron este mércores 22 de xaneiro os laboratorios de investigación de Química e Bioloxía da Facultade de Ciencias, así como as diferentes unidades dos Servizos de Apoio á Investigación.
 
Os alumnos puideron coñecer de primeira man o material utilizado en diferentes investigacións, coñecidos por estudalos, lelos ou escoitalos en películas científicas, como unha PCR ou unha centrífuga ou un microscopio electrónico de barrido, e que espertaron gran interese entre todos. Así mesmo, descubriron métodos de captación e identificación de contaminantes, tanto ambientais como de alimentación, coñecementos sobre radiación (raios X, granito, radon e coltán) e puideron realizar as súas propias medicións en diferentes mostras.

Ademais, os alumnos puideron coñecer con estas visitas a aplicación práctica das investigacións e a súa achega á sociedade, así como os diferentes proxectos que desde a UDC ofértanse no programa  STEMbach.

O CITEEC e o CITIC reciben a visita dos alumnos de 1º de STEMbach do IES María Casares

17 de xaneiro de 2020

Este xoves, 16 de xaneiro, os alumnos e alumnas de 1º de bacharelato de excelencia de Ciencia e Tecnoloxía do IES María Casares de Oleiros, que participa no programa STEMbach da Xunta de Galicia, visitaron o  Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil (CITEEC) e o Centro de Investigación TIC (CITIC).

Durante a súa visita ao CITEEC os alumnos coñeceron os distintos laboratorios do centro e comprobaron o seu potencial no que respecta á investigación no ámbito da enxeñería: análise de ventos, obras marítimas, hidráulica urbana e resistencia de materiais

Unha vez no CITIC, para comezar, o subdirector do CITIC, Javier Pereira, realizou unha presentación do centro e as súas capacidades. Posteriormente, explicóuselles o funcionamento do Centro de Procesamento de Datos (CPD), que se atopa no edificio de ampliación do CITIC. A visita concluíu na sala de demostradores tecnolóxicos, onde o alumnado tivo a oportunidade de coñecer varios proxectos desenvolvidos no CITIC e probar diferentes aplicacións desenvolvidas con tecnoloxía de realidade virtual e interacción co mundo físico.

 

O Campus de Ferrol presenta os seus proxectos STEMbach para o período 2019/21

20 de decembro de 2019

O Salón de Actos Concepción Arenal do Campus de Ferrol acolleu este xoves, 19 de decembro, a xornada de presentación dos proxectos de investigación do Bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía (STEMbach) para o período 2019/21. Ao igual que na primeira edición, participarán no programa investigadores vinculados á Escola Politécnica Superior (EPS), á Escola Universitaria Politécnica (EUP), á Escola Universitaria de Deseño Industrial (EUDI) e á Facultade de Enfermaría e Podoloxía. Á citada presentación, asistiron preto de 50 estudantes desta modalidade de bacharelato do IES Sofía Casanova, Concepción Arenal e do Colexio Tirso de Molina de Ferrol e mais do IES Agra do Orzán da Coruña.

O principio metodolóxico do STEMbach é fomentar o pensamento científico e o enfoque práctico de indagación e resolución de problemas a través da realización dun proxecto de investigación. Os proxectos, que poden realizarse de maneira individual ou colectiva e que  contarán cunha posterior defensa pública, están aliñados cos tres campus de especialización da Universidade da Coruña - o Campus Innova, o Campus Sustentabilidade e o Campus Industrial - e serán co-dirixidos por unha persoa docente pertencente á UDC.

Os alumnos do STEMbach poden elixir xa entre máis de 50 proxectos para levar a cabo na Universidade da Coruña

19 de decembro de 2019

A Universidade da Coruña (UDC) ven de publicar a súa oferta de proxectos para os alumnos que cursan o Bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía, ou STEMbach, no bienio 2019-2020.

Neste ano, a UDC oferta máis de cincuenta propostas realizadas por facultades e escolas diferentes situadas tanto no campus de A Coruña como no Campus de Ferrol. Os proxectos, que poden realizarse de maneira individual ou colectiva e contarán cunha posterior defensa pública, están aliñados cos tres campus de especialización da UDC, o Campus Innova, o Campus Sustentabilidade e o Campus Industrial, e serán co-dirixidos por unha persoa docente pertencente a Universidade da Coruña.

Así, os alumnos galegos matriculados neste bacharelato poderán desenvolver o seu proxecto de investigación na UDC sobre temas tan diversos e interesantes como o enerxía eólica mariña en Galicia, a intelixencia artificial, a radioactividade ambiental, os microplásticos no medio mariño, a innovación con impresoras 3D para crear produtos de apoio para persoas con diversidade funcional, actividades de gamificación con fins terapéuticos para persoas con parálise cerebral, as redes sociais e dereito á intimidade, a vulnerabilidade das redes de datos, entre moitos outros. Ademais, o profesorado da Universidade da Coruña está a disposición dos centros educativos para colaborar na dirección doutros proxectos de investigación que sexan propostos.

Para difundir a súa oferta de proxectos e facilitar a coordinación cos centros galegos que imparten o STEMbach, a Universidade da Coruña conta cunha páxina web (www.udc.gal/stembach) dedicada a este novo Bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía. Nela, ademais de información de interese, os titores e alumnos dos centros educativos poden consultar os proxectos de investigación e solicitar o que lle pareza máis interesante.

Proxectos xa en marcha

No pasado ano a UDC xa puxo a disposición dos centros unha numerosa oferta de proxectos dos cales moitos deles están xa en marcha.

Así, alumnos dos centros IES Agra do Orzán, IES María Casares, IES Francisco Daviña Rey, IES Ramón Mª Aller Ulloa, IES Arcebispo Xelmírez II, CPR Plurilingüe Nosa Señora do Carme e IES Sofía Casanova están a traballar nas facultades e escolas da Universidade da Coruña en proxectos que tratan temas como o comportamento mecánico do aceiro a baixas temperaturas, a realización dunha tarefa real cun robot autónomo que requira intelixencia artificial, a procura de novos compostos antitumorais, a determinación da presenza dun xene nun microorganismo, a obtención de plantas in vitro a partir de sementes de pementos de Padrón, como evitar ambientes ruidosos, ou a xenética da visión humana, entre moitos outros.

STEMbach

Creado ao amparo da Estratexia galega para a educación dixital, Edudixital 2020, e posto en marcha o setembro de 2018, este novo bacharelato ten como principio metodolóxico fomentar o pensamento científico e o enfoque práctico de indagación e resolución de problemas, a través da realización dun proxecto de investigación.

A Universidade da Coruña continúa mostrando o seu firme apoio a esta nova opción formativa que ten como obxectivo promover a vocación do alumnado pola investigación científica e tecnolóxica a través dunha metodoloxía que facilite a súa incorporación á universidade.

Visita do IES Agra do Orzán aos centros tecnolóxicos do Campus de Elviña

17 de decembro de 2019

Este luns, 16 de decembro, visitou os centros tecnolóxicos do Campus de Elviña, CITEEC, CICA e CITIC, un grupo de alumnos e alumnas de 1º de bacharelato do IES Agra do Orzán, que participa no programa STEMbach da Xunta de Galicia.

A visita deu comezo no CITEEC onde os alumnos puideron coñecer de primeira man as infraestruturas e técnicas que posúe este Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil; continuou no CICA, onde puideron visitar os diferentes laboratorios deste centro de investigación interdisciplinar dedicado á biomedicina, a biotecnoloxía, o medio ambiente e os novos materiais; e terminou no CITIC onde coñeceron as instalacións e as capacidades do centro e o alumnado tivo a oportunidade de probar diferentes aplicacións desenvolvidas con tecnoloxía de realidade virtual e interacción co mundo físico.

A Universidade da Coruña implícase no fomento de vocacións científicas do alumnado de bacharelato con máis de 50 proxectos STEM

16 de maio de 2019

A Universidade da Coruña, consciente da diminución de vocacións do alumnado de bacharelato polas áreas STEM (Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas, polas súas siglas en inglés) traballa desde setembro do pasado ano nun programa de actividades de promoción destas áreas en centros educativos galegos, nos que participan quince institutos.

O principio metodolóxico deste bacharelato é fomentar o pensamento científico e o enfoque práctico de indagación e resolución de problemas, a través da realización dun proxecto de investigación. Neste sentido, a UDC oferta máis de 50 propostas realizadas por once facultades e escolas diferentes situadas tanto no campus da Coruña como no Campus de Ferrol. Os proxectos, que poden realizarse de maneira individual ou colectiva e contarán cunha posterior defensa pública, están aliñados cos tres campus de especialización da UDC, o Campus Innova, o Campus Sustentabilidade e o Campus Industrial, e serán co-dirixidos por unha persoa docente pertencente a Universidade da Coruña.

Así, os alumnos galegos matriculados neste bacharelato poderán desenvolver o seu proxecto de investigación na UDC sobre temas tan diversos e interesantes como o comportamento mecánico do aceiro a baixas temperaturas, investigando o exemplo do Titanic; a mellora da mobilidade viaria da cidade, a realización dunha tarefa real cun robot autónomo que requira intelixencia artificial, a impresión 3D no deseño industrial, a radioactividade ambiental, a evolución da paisaxe e do clima, o estudo do cariotipo humano, a procura de novos compostos antitumorais, a análise da seguridade informática da rede de datos dun centro de secundaria ou as tecnoloxías lingüísticas, entre outros. Ademais, o profesorado da Universidade da Coruña está a disposición dos centros educativos para colaborar na dirección doutros proxectos de investigación que sexan propostos.

Así mesmo, a UDC apoia tamén esta nova opción formativa ofrecendo visitas as súas facultades e centros de investigación, xornadas, talleres, así como seminarios, relacionados coas materias STEM. Deste xeito, neste curso recibiuse a visita dos centros IES Agra do Orzán, IES María Casares, IES Ramón Mª Aller Uloa, IES Francisco Daviña Rey e IES Arcebispo Xelmírez II.

Para facilitar esta coordinación cos quince centros galegos que imparten o STEMbach, no pasado mes de marzo a Universidade da Coruña lanzou unha páxina web (www.udc.gal/stembach) dedicada a este novo Bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía. Nela, ademais de información de interese, os titores e alumnos dos centros educativos poden consultar os proxectos de investigación e as actividades complementarias de formación ofertados. Unha iniciativa, polo tanto, aliñada coa finalidade deste novo bacharelato, pensado tanto para a modalidade de Humanidades como para a de Ciencias, que busca a conexión directa co ensino universitario.

Con todas estas accións, a Universidade da Coruña está a mostrar o seu firme apoio a esta nova opción formativa que ten como obxectivo promover a vocación do alumnado pola investigación científica e tecnolóxica a través dunha metodoloxía que facilite a súa incorporación á universidade.

A Universidade da Coruña lanza a súa páxina web STEMbach para a coordinación de máis de 50 proxectos de investigación

27 de marzo de 2019

A Universidade da Coruña vén de publicar unha páxina web dedicada ao novo Bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía, ou STEMbach, creado ao amparo da Estratexia galega para a educación dixital, Edudixital 2020, e que se oferta por primeira vez neste curso nun total de quince centros educativos galegos.

Nela, ademais de información de interese acerca deste novo bacharelato, os titores e alumnos dos centros educativos poden consultar os proxectos de investigación que son ofertados desde a Universidade da Coruña. Un total de máis de 50 propostas realizadas por once facultades e escolas diferentes situadas tanto no campus da Coruña como no Campus de Ferrol. Os proxectos, que poden realizarse de maneira individual ou colectiva e contarán cunha posterior defensa pública, están aliñados cos tres campus de especialización da UDC, o Campus Innova, o Campus Sustentabilidade e o Campus Industrial, e serán co-dirixidos por unha persoa docente pertencente á Universidade da Coruña.

Así, os alumnos galegos matriculados neste bacharelato poderán desenvolver o seu proxecto de investigación na UDC sobre temas tan diversos e interesantes como o comportamento mecánico do aceiro a baixas temperaturas, investigando o exemplo do Titanic; a mellora da mobilidade viaria da cidade, a realización dunha tarefa real cun robot autónomo que requira intelixencia artificial, a impresión 3D no deseño industrial, a radioactividade ambiental, a evolución da paisaxe e do clima, o estudo do cariotipo humano, a procura de novos compostos antitumorais, a análise da seguridade informática da rede de datos dun centro de secundaria ou as tecnoloxías lingüísticas, entre outros. Así mesmo, o profesorado da Universidade da Coruña está a disposición dos centros educativos para colaborar na dirección doutros proxectos de investigación que sexan propostos.

O obxectivo desta páxina web é tamén facilitar a coordinación entre a Universidade e os quince centros galegos que imparten o STEMbach para organizar de maneira conxunta visitas, xornadas, talleres, seminarios ou calquera outra actividade complementaria de formación. Unha iniciativa, polo tanto, aliñada coa finalidade deste novo bacharelato, pensado tanto para a modalidade de Humanidades como para a de Ciencias, que busca a conexión directa co ensino universitario.

Deste xeito, a Universidade da Coruña mostra de novo o seu firme apoio a esta nova opción formativa que ten como obxectivo promover a vocación do alumnado pola investigación científica e tecnolóxica a través dunha metodoloxía que facilite a súa incorporación á universidade.

O IES Ramón Mª Aller Ulloa de Lalín visita a Facultade de Ciencias

12 de marzo de 2019

O 11 de marzo os alumnos do IES Ramón Mª Aller Ulloa de Lalín visitaron a Facultade de Ciencias onde puideron coñecer de primeira man algúns dos proxectos que desde esta facultade son ofertados.

Por unha parte, a profesora Mª Angeles Bernal explicoulles o proxecto "Obtención de plantas in vitro a partir de sementes de pementos de Padrón". Os alumnos observaron prantas crecidas in vitro de 15 días de idade, así como as diferentes aplicacións dos cultivos celulares: callos, suspensions celulares e prantas ornamentais in vitro.

Así mesmo, visitaron o laboratorio de de Bioquímica onde a profesora Mª Angeles Freire presentoulles o proxecto "¿Podemos estudar a expresión xénica mediante un lévedo que leva xenes de medusa?". O título do proxecto foi a pregunta inicial para abrir a curiosidade dos alumnos. A resposta é un sí, claro!  Grazas o xen da proteína fluorescente verde (GFP) obtido dunha medusa. O lévedo escollido foi Saccharomyces cerevisiae (o lévedo do pan e da cervexa). A razón, é un organismo modelo en investigación, nela acontecen procesos comunes a tódalas células con núcleo, incluíndo os seres humanos. Tras amosarlles o material de partida, lévedos crecidos en placa, os alumnos observaron no microscopio de fluorescencia as células que expresaban o xen GFP. Tamén explicaronselles aplicacións con diferentes fines en outras especies.

O IES Agra do Orzán visita a Facultade de Informática

8 de febreiro de 2019

O pasado xoves 7 de febreiro os alumnos de STEMbach do IES Agra do Orzán fixeron unha visita polos diferentes departamentos da Facultade de Informática da Universidade da Coruña, onde foron recibidos polo Decano, Luís Hervella.

Durante a súa visita puideron coñecer algúns dos laboratorios e os seus grupos de investigación como GTE, Laboratorio de Investigación e Desenvolvemento en Intelixencia Artificial (Lidia), M2 mica, Lia2, R Nasa Imedir, Varpa ou LyS, entre outros. 

O Campus Industrial recibe aos alumnos do STEMbach

22 de xaneiro de 2019

Os alumnos do Bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía do IES Agra do Orzán (A Coruña), IES Arzobispo Xelmírez II (Santiago de Compostela) e do IES Francisco Daviña Rey (Monforte de Lemos, Lugo) visitaron o 21 de xaneiro o Campus Industrial de Ferrol.

Durante a súa visita puideron coñecer de primeira man diversos laboratorios da Escola Universitaria Politécnica (EUP) de Serantes e a Escola Politécnica Superior de Esteiro (EPS), como o laboratorio Láser, o laboratorio de Ensaios Hidrodinámicos, o laboratorio de Robótica, o laboratorio de Inxeñería Mecánica (LIM), o laboratorio de Electrónica Industrial e Automática, o laboratorio de Enxeñería Económica ou p laboratorio de Enxeñería Eólica, entre outros, así como a Facultade de Enfermería e Podoloxía.

Visita IES María Casares

17 de xaneiro de 2019

O 16 de xaneiro visitaron o Centro de Investigación TIC CITIC e a Facultade de Informática os alumnos do Bacharelato de excelencia de Ciencia e Tecnoloxía, STEMbach, do IES Maria Casares. Na súa visita puideron coñecer de preto grandes proxectos de xóvenes investigadores da Universidade da Coruña.

Reunión informativa STEMbach

11 de xaneiro de 2019

A vicerreitora de Oferta Académica e Innovación Docente, Nancy Vázquez, e a directora do Campus Innova, Susana Ladra, celebraron este mércores, 10 de xaneiro, na Facultade de Filoloxía unha reunión informativa sobre a implantación e desenvolvemento do novo Bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía, STEMbach.

Durante a reunión, que tivo un gran éxito de convocatoria, explicouse que esta nova opción formativa, enmarcada na Estratexia Galega de Educación Dixital "Edudixital 2020" ten como obxectivo promover a vocación do alumnado pola investigación científica e tecnolóxica a través dunha metodoloxía que facilite a súa incorporación á universidade.

Neste senso, animouse ao personal docente da Universidade da Coruña a presentar proxectos de investigación nos seus diferentes centros e facultades que permitan aos alumnos do STEMbach experimentar cos diferentes métodos de investigación ou de análise favorecendo o seu pensamento crítico e creativo, así como o seu interese pola investigación, a tecnoloxía e a innovación.

O IES Agra de Orzán visita a Facultade de Ciencias, o CICA e o CITEEC

20 de decembro de 2018

O pasado 19 de decembro os alumnos do blacherelato de excelencia en ciencias e tecnoloxía (STEMbach) do IES Agra de Orzán de A Coruña visitaron a Facultade de Ciencias, o Centro de Investigacións Científicas Avanzadas (CICA) e o Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil (CITEEC) da Universidade da Coruña.

Así mesmo, o e 21 de decembro, o centro educativo coruñés achegouse ata o Campus de Elviña para coñecer o CITTEC. Durante a súa visita, os alumnos puideron descubrir os dous túneles de vento, o Laboratorio de  Hidraúlica con ensaios sobre estruturas reais a escala, o Laboratorio de Portos e Costas con ensaios para estudar o comportamento de estruturas a escala sometidas a esforzos e labotorio de Construción con máquinas de estudo do comportamento de materiais fronte esforzos de compresión.

O Campus Innova impulsa o novo Bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía STEMbach

26 de outubro de 2018

O Campus Innova recibiu a visita, o xoves 25 de outubro, dun grupo de escolares do IES Francisco Daviña Rey, de Monforte de Lemos (Lugo), que están a cursar o Bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía, ou STEMbach, creado ao amparo da Estratexia galega para a educación dixital, Edudixital 2020, e que se oferta por primeira vez neste curso nun total de catorce centros educativos galegos.

Deste xeito, o campus de especialización da Universidade da Coruña mostra o seu apoio a esta nova opción formativa que ten como obxectivo promover a vocación do alumnado pola investigación científica e tecnolóxica a través dunha metodoloxía que facilite a súa incorporación á universidade. Neste senso, os escolares do IES Francisco Daviña Rey, un instituto referente en innovación educativa, tiveron a oportunidade de visitar os centros de investigación CITIC, CICA e CITEEC, a Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos e a Facultade de Informática, así como coñecer a investigación realizada por algúns grupos da Facultade de Filoloxía no ámbito das humanidades dixitais.

A actividade está aliñada coa finalidade deste novo bacharelato, pensado tanto para a modalidade de Humanidades como para a de Ciencias, que busca a conexión directa co ensino universitario. O alumnado que o curse deberá desenvolver, no segundo curso, un proxecto de investigación individual ou colectivo, con posterior defensa pública, co-dirixido por unha persoa docente pertencente a un departamento universitario ou a un centro de investigación de prestixio do Sistema Universitario de Galicia (SUG). Desde o Campus Innova darase tamén soporte á realización destes proxectos de investigación en liña coa súa misión de posicionarse como polo de excelencia na innovación dixital, tecnolóxica e humanística.