Grao en Turismo en inglés

Desde o curso 2023-24, a Facultade de Turismo ofrece aos seus estudantes a posibilidade de estudar a metade dos créditos, como mínimo, do Grao en Turismo en inglés.

Ademais dunha gran oportunidade de mellorar as súas competencias lingüísticas en inglés, constará que cursaron a opción plurilingüe no Suplemento Europeo ao Título (SET).

Dentro desta modalidade, inclúense as seguintes materias para o curso 2025/2026:

ASIGNATURA CÓDIGO CURSO Cuatrimestre
Introdución ao turismo 662G01009 Primeiro 1
Idioma moderno: inglés 662G01006 Primeiro 1
Economía da empresa 662G01010 Primeiro 2
Patrimonio cultural 662G01007 Primeiro 2
Xeografía do turismo 662G01004 Primeiro 2
Intermediación turística e transporte I 662G01013 Segundo 1
Contabilidade financeira 662G01011 Segundo 1
Aloxamentos e restauración I 662G01014 Segundo 1
Primeiro idioma moderno I 662G01015 Segundo 2
Marketing turístico 662G01016 Segundo 2
Xestión de recursos humanos 662G01043 Segundo 2
Estatística 662G01012 Segundo 2
Intermediación Turística e Transporte II 662G01021 Terceiro 2
AsTIC Aplicadas ao Turismo 662G01023 Terceiro 2
Xestión Turística do Patrimonio 662G01025 Terceiro 1
Análise de Estados Financeiros 662G01027 Terceiro 1
Primeiro Idioma Moderno II: Inglés 662G01028 Terceiro 1
Creación e Xestión de Empresas Turísticas 662G01041 Terceiro 2

 

Requisitos e Matrícula

Para cursar a opción plurilingüe, o estudantado deberá acreditar algunha das seguintes condicións:

  1. Que posúe unha certificación oficial de nivel B1 (Só admitiranse as certificacións recoñecidas pola Asociación de Centros de Linguas no Ensino Superior, e as aceptados polas mesas lingüísticas da CRUE).
  2. Que superou un curso equivalente a 4º da ESO ou superior en sistemas educativos de lingua inglesa.
  3. Que supere a proba de certificación no idioma inglés que se realizará no Centro de Linguas da UDC. No caso de que o alumnado non poida acreditar ningunha das condicións previas no momento da matrícula, disporá de prazo ata o inicio do segundo cuadrimestre para conseguir a devandita acreditación.

 

Como matricularse no grupo plurilingüe

  1. Terás que realizar a túa matrícula no Grao en Turismo, independentemente da túa elección con respecto ao grupo plurilingüe.
  2. No momento de formalizar a matrícula na administración do centro, terás que solicitar a túa incorporación no grupo plurilingüe e levar a cabo unha das seguintes accións:
    1. Presentar a documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos referidos no apartado anterior.
    2. Inscribirte na proba de inglés que se realizará no Centro de Linguas da UDC.

 

Incorporación e abandono do grupo  

Se elixes a opción de docencia en inglés, cursarás neste idioma un determinado número de materias do grao.

Habilitarase un prazo de 15 días dende o inicio do cuadrimestre, no que  poderás solicitar a renuncia da túa adscrición ao grupo plurilingüe.

 

Máis información

Acreditación do nivel de inglés requirido.

Instrución do Vicerreitorado de Internacionalización e Cooperación sobre a acreditación lingüística do alumnado, para o acceso a estudos de grao bilingüe e estudos de mestrado con requisito de idioma, complementaria á publicada o 19 de xuño de 2018.

Normativa reguladora da docencia en inglés.