Obxectivos e liñas estratéxicas
Obxectivos
- Potenciar a universidade como contorna promotora da saúde da comunidade universitaria e da sociedade no seu conxunto.
- Fomentar a Investigación e a Docencia en Promoción da Saúde.
- Favorecer o intercambio de experiencias en Promoción da Saúde.
- Promover e favorecer o traballo conxunto entre os organismos de saúde pública, as institucións comunitarias e as universidades.
- Acordar liñas estratéxicas e de traballo para levar a cabo un proxecto de universidade promotora de saúde.
- Posibilitar a elaboración e o desenvolvemento de proxectos comúns nas liñas estratéxicas da Rede.
- Potenciar a participación internacional.
- Fomentar a oferta de servizos e actividades dirixidos a promocionar a saúde da Comunidade Universitaria.
Liñas estratéxicas
- Contornas universitarias que promovan a saúde.
- Incorporación nos plans de estudo universitarios de formación en promoción da saúde a nivel de grao e posgrao.
- Investigación en promoción da saúde.
- Participación e colaboración entre os organismos de saúde pública, as institucións comunitarias e as universidades.
- A oferta de servizos e actividades no campus dirixidas a promocionar a saúde da Comunidade Universitaria.