Información para estudantes

Preinscrición

Consulta na oferta de estudos propios as datas de preinscrición de cada estudo

Instrucións de preinscrición

Nos estudos propios que requiren titulación universitaria previa, para o caso de alumnado con titulacións españolas "pre-Bolonia" o Ministerio de Universidades dispón dun catálogo na páxina CORRESPONDENCIAS MECES (clicar en "Catálogo de títulos universitarios "pre-Bolonia" por áreas"). No caso do alumnado con titulos alleos ao Espazo Europeo de Educción Superior (EEES) deberán presentar xunto co título un documento expedido por unha autoridade competente que exprese que o título que posúe facilita, no país expedidor deste, para o acceso a ensinanzas de Máster ou de Posgrao, así como unha certificación académica dos estudos realizados, na que conste a duración oficial (en cursos académicos/semestres/etc.), as materias cursadas, a carga lectiva de cada materia (horas ou créditos), a cualificación de cada materia e a escala de cualificacións.

Por outra banda, o artigo 6.6 do Regulamento de Estudos Propios permite acceder e matricularse nun estudo de posgrao propio a quen lle reste por superar o traballo de fin de grao (TFG) e como máximo ata 9 créditos ECTS, mais en ningún caso poderá defender o traballo fin de máster ou solicitar o título propio se previamente non obtivo o título de grao. O alumnado nesta situación debe proporcionar, en lugar do titulo de graduado universitario, unha certificación académica na que conste que só lle restan por superar o TFG  e como máximo ata 9 créditos ECTS para obter o titulo.

Matrícula

Consulta na oferta de estudos propios as datas de matrícula de cada estudo

Instrucións de matrícula

Activación da conta para novos usuarios na UDC
 
Para acceder aos servizos e aplicacións informáticas da Universidade da Coruña (correo electrónico, wifi, teledocencia, acceso remoto ao catálogo da biblioteca e préstamos, etc.) é necesario ter unha conta da UDC.
Se non tes unha conta na UDC, debes creala despois de agardar 24 horas despois de realizar a matrícula e seguir estes pasos:
  1. No portal https://servizos.udc.es fai clic en Activar a túa conta de servizos. Introduce o NIA como código de activación
  2. A continuación, segue o proceso cubrindo a información solicitada na pantalla e preme en Activarme
  3. Ao final do proceso disporás do teu nome de usuario e contrasinal para utilizar en calquera servizo telemático da UDC.
Se tes algún problema neste proceso de activación, no enderezo https://axudatic.udc.gal atoparás unha relación dos servizos telemáticos da Universidade, entre os que se atopa a creación de conta de acceso para novos usuarios' Cada servizo ten a súa propia páxina de axuda, desde a que podes publicar incidencias que serán atendidas polos nosos técnicos.

Trámites para estudos propios cursados en 2022/23 e anos anteriores

Os estudos propios aprobados en 2022 e anos anteriores réxense polo reglamento de estudos propios de posgrao aprobado polo Consello de Goberno o 25/10/2006 e modificado o 28/04/2010.

Procesos de trámite para estudos propios cursados en 2022/23 e anos anteriores