Trámites de expedición de títulos

Curso 2022/23 e anteriores

Cursos que conducen a títulos propios

De acordo co Regulamento de estudos de posgrao da UDC, dos tres tipos de cursos propios de posgrao: Master, Cursos de Especialización e Cursos de Formación Específica (véxase Tipos de cursos), os dous primeiros conducen, caso de seren superadas as correspondentes probas de avaliación, á obtención dun título universitario propio de posgrao da UDC . Pola súa parte, os Cursos de Formación Específica de Posgrao conducen á obtención dun diploma de formación específica de posgrao da UDC.

Denominación do título

 Os cursos de mestrado dan acceso ao título de master mentres que os cursos de especialización fano a un título de experto ou de especialista universitario.

A denominación específica de cada título é aprobada polo Consello Social da UDC (consúltese a ficha do curso de interese en OFERTA CURSOS).

Expedición e rexistro

A expedición dos títulos propios de posgrao tramítase pola Sección de Títulos e a Unidade de Estudos Propios de Posgrao (UEPP).

Os títulos propios de posgrao serán expedidos polo reitor e irán asinados polo reitor, pola persoa responsable da sección de títulos e plans de estudos e pola persoa interesada. Causarán constancia rexistral no Rexistro de Títulos Propios de Posgrao establecido pola UDC, en análogas condicións que o rexistro de títulos oficiais.

Trámite de solicitude e entrega

Unha vez que na UEPP se reciba a acta académica cos resultados académicos do curso asinada pola dirección dos estudos, os estudantes cualificados como APTOS poderán iniciar os trámites conducentes á expedición do título propio acreditativo dos estudos de posgrao superados conforme ao procedemento que segue:

  1. A expedición do título será solicitada individualmente por cada estudante na UEPP.
  2. A solicitude realizarase entregando na UEPP:
    1. Modelo normalizado de solicitude de expedición de título.
    2. O resgardo do pagamento dos dereitos de expedición do correspondente título. Os custos por expedición de títulos propios da UDC son determinados polo Consello Social e son:
      1. Ate o 31 de agosto de 2024:
        -Experto ou especialista: 20 euros.
        -Master: 35 euros.
      2. A partires do 1 de setembro de 2024 serán de aplicación os precios aprobados polo Consello Social e publicados na seguinte ligazón: https://sede.udc.gal/services/electronic_board/EXP2024/003831
    3. Copia do DNI ou do pasaporte en vigor.

Importante: A data do modelo normalizado de solicitude será sempre posterior á do resgardo de pagamento.

Na UEPP entregarase ás persoas solicitantes un certificado de pagamento dos dereitos de expedición de título, substitutorio do título ata a súa expedición.

Unha vez que se reciban os títulos na UEPP as persoas interesadas poderán recollelos tras asinaren no libro de rexistro da UEPP.

Outra persoa poderá ser autorizada para retirar o título en nome da persoa interesada, mais sempre mediante poder notarial que quedará arquivado co expediente na UEPP.
Se a persoa interesada o pide, poderá solicitar o envío á oficina de Correos de España mais próxima ao enderezo que indique. Este envío pódese realizar para o certificado substitutorio e para o título definitivo, pero ten asociado un custo adicional.