Con motivo da celebración cada 8 de marzo do Día internacional da muller, a biblioteca ven realizando exposicións en colaboración coa Oficina de Igualdade de Xénero da UDC coa finalidade de visibilizar e poñer en valor a produción literaria, científica e artística de distintas autoras.
Durante todo ano 2010 a biblioteca organizou unha serie de exposicións monográficas sobre Festivais Internacionais de Cine: Cannes, Goya, Oscars, San Sebastián e Venezia.
A selección de obras, centrada no periodo (2004-2009), foi apoiada por un traballo previo de adquisición de coleccións sobre esta temática.
No 1992 comezou a rodar a titulación de Socioloxía na UDC, a única en todo o territorio galego, e durante o curso 2016-2017 realizáronse actos de conmemoración nos que participou a biblioteca recompilando a produción científica do profesorado que impartiu e imparte docencia neste centro.
O 19 de setembro de 2018 o sociólogo portugués Boaventura de Sousa Santos é nomeado Doutor Honoris Causa pola Universidade da Coruña. Na biblioteca quixemos aproveitar a ocasión para realizar unha exposición bibliográfica coas súas obras, obras en colaboración, artigos en revistas e documentos sobre a súa figura que forman parte da colección da Biblioteca da UDC.