As Guías Temáticas (Fiador) son unha selección de recursos de información gratuitos ou subscritos pola UDC relacionados cos ámbitos temáticos de docencia e investigación da universidade que buscan facilitar á comunidade académica a localización de recursos interesantes e útiles. Os bibliotecarios da Sección de Información do Servizo de Biblioteca da UDC e das bibliotecas de centro elaboraron cada unha das guías temáticas, dentro do seu ámbito de coñecemento, e procuran mantelas actualizadas incorporando, ademáis, as suxetións do profesorado.
Nas guías ofrécense todo tipo de recursos (bases de datos, portais temáticos, blogs, buscadores, catálogos, institucións...) ordenados por orde alfabética aínda que tamen é posible axudarse do buscador para localizalos. Cada un destes recursos vai acompañado dunha descrición breve e dunhas iconas á esquerda que indican o tipo de recurso, o modo de acceso, a existencia de manuais de uso, etc..
A Biblioteca de Socioloxía e CC. da Comunicación elaborou varias guías entre as que destacamos a Guía de Recursos sobre Cinema. É tamén de utilidade a guía sobre Cinema e Educación elaborada polo persoal da Biblioteca de Ciencias da Educación da UDC.