Sobre as revistas

Onde están as revistas en papel?

 

As revistas en papel, excepto os números máis recentes, que están no mostrador de novidades, están na hemeroteca ordenadas alfabéticamente.

Podo levar unha revista en préstamo?

 

Non, as revistas están excluídas do préstamo a domicilio, pero podes sacalas a fotocopiar tras a presentación no mostrador da tarxeta universitaria.

Como podo consultar as revistas electrónicas?

 

Podes consultar directamente as revistas electrónicas se o fas desde algún dos ordenadores da rede da UDC e tamén desde o teu portátil ou dispositivo móvil se estás conectado a través de WIFI. Para acceder desde fóra debes antes “acceder dende fóra da UDC”.

Busca a revista no catálogo da Biblioteca e preme na ligazón “Texto completo” ou no botón SFX. Tamén podes buscar a revista no buscador de recursos electrónicos.

Nas revistas electrónicas hai acceso a tódolos números?

 

Non, a subscrición a unha revista electrónica non implica o acceso a todos os números desta que foron publicados. Ademais, hai editores que aplican un “período de embargo”, é dicir, non dan acceso aos últimos números publicados, por exemplo, no último ano, só a aqueles que levan publicados máis tempo.

Tamén pode ocorrer que unha revista que comezou a publicarse no ano 1991, por exemplo, só dea acceso a números publicados desde 1998 ata a actualidade.

Se non encontras o número de revista que necesitas, consulta no buscador de recursos electrónicos xa que hai títulos de revista aos que se pode acceder a través de distintos enlaces con distinto contido cada un deles.