Exposicións

Exposicións e centros de interese no ano 2025

Centenario do Edificio Banco Pastor: exposición

Marco: novembro de 2025, centenario da inauguración da sede do Banco Pastor na Coruña

Datas: 7 de novembro ao 1 de outubro de 2025

Contido: Este novembro celébrase o centenario da inauguración do edificio do Banco Pastor na Coruña, deseñado polo arquitecto coruñés Antonio Tenreiro mais o valenciano Peregrín Estellés. No marco desta efeméride, o arquitecto técnico Elías de la Puente, antigo alumno da Escola, presentou o 30 de outubro o relatorio «A cimentación do Edificio Pastor. Revelando a verdade a través da evidencia», na que defende que os arquitectos non empregaron pilotes de madeira nos cimentos do edificio, senón pozos de cimentación, un sistema semellante ao método caisson utilizado pola Escola de Chicago.

Con motivo deste centenario, na biblioteca da EUAT montamos unha pequena exposición bibliográfica con unha escolma de libros sobre o edificio, Elías de la Puente, os arquitectos Tenreiro e Estellés e arquitectura bancaria.

Exposición virtual:

 

«Contra a desinformación: Bibliotecas», exposición con motivo do Día das Bibliotecas

Marco: 24 de outubro, Día das Bibliotecas

Datas: 24 de outubro ao 27 de novembro de 2025

Contido: Este 24 de outubro celebramos o Día das Bibliotecas, efeméride promovida polo Ministerio de Cultura e que este ano ten como lema: «Contra a desinformación: Bibliotecas».

A Biblioteca da EUAT está comprometida contigo en combater esta desinformación ofrecendo recursos de información de calidade que contribúan ao avance do aprendizaxe a da investigación.

A Arquitectura Técnica non está libre da desinformación xa que corren polos medios informacións falsas sobre temas como o cambio climático e as políticas de vivenda que poden influír en cuestións como a edificación sostible, a economía circular, o reciclado dos residuos da construción, o sector inmobiliario... Por isto é preciso que os futuros profesionais da AT recibades unha información técnica rigorosa, fiable e contrastada a través dos servizos da biblioteca.

Exposición virtual:

 

Imos de castelos!

Marco: Vacacións

Datas: 13 de xuño a 9 de setembro de 2025

Contido: O curso xa rematou ou está a piques de facelo, así que, despois de tanto esforzo e estudo, por fin toca gozar do tempo libre! Dende a túa Biblioteca, ofrecémosche unha escolma de libros que tratan sobre castelos de Galicia e España mais proxectos de fin de carreira con rehabilitacións dese tipo de fortificacións. Se este verán pensaras en visitar algún castelo ou simplemente queres saber máis sobre estes bens do patrimonio histórico, convidámosche á mostra bibliográfica que montamos na Biblioteca sobre esta materia e a consultar a súa guía de lecturas.

Exposición virtual:

25 de abril de 2025 na Biblioteca da EUAT

Marco: Día do Libro

Data: do 23 de abril ao 27 de maio

Contido: Continuando co propósito da mostra do ano pasado, Cercha, invitación a lectura!, que recollía artigos da revista do Consejo General de la Arquitectura Técnica de España incluídos na sección "Firma Invitada" e as novelas máis recentes dos seus autores, a exposición de 2025 parte do artigo Mi visión del asunto de Miguel Munárriz, publicado no número 162 de Cercha, e do seu último libro Empeñados en ser felices: crónica sentimental de una vida entre libros.

Ao fío do capítulo Vargas Llosa y el París de entreguerras nese libro de Munárriz, a mostra de 2025 dedícase principalmente a este célebre escritor peruano cunha escolma das súas novelas. Consta tamén dunha sección con libros sobre a destrución do patrimonio construído, tema principal do artigo de Munarriz en Cercha.

Exposición virtual:

«As arquitectas técnicas foron noticia: La Voz de Galicia, 2020-2024», exposición con motivo do 8M

Marco: Día Internacional da Muller

Data: do 7 de marzo ao 7 de maio

Contido: A nosa Biblioteca celebra o 8M, Día Internacional da Muller, coa exposición As arquitectas técnicas foron noticia: La Voz de Galicia, 2020-2024. Para esta mostra, analizáronse as 92 noticias sobre estas profesionais que recolle o periódico e cuxos resultados se amosan en distintos gráficos (por ano, edición, tema, etc.) na entrada da Biblioteca.

Ademais, nas vitrinas exhíbense unha escolma dos traballos de fin de carreira en papel con información sobre cada autora e a noticia de prensa na que a nomean. Remata a mostra coa distribución dalgunhas noticias pola biblioteca.

Exposición virtual:

Día Internacional do LEGO na BEUAT

Marco: Día Internacional de LEGO

Data: do 28 de xaneiro ao 6 de febreiro

Contido: O 28 de xaneiro de 1958, o carpinteiro e empresario Godtfred Kirk Christiansen solicitou a patente en Dinamarca dun ladrillo plástico de construción de xoguete, que despois se comercializou baixo o nome de "Lego Mursten"(ladrillo). En conmemoración desta efeméride, o 28 de xaneiro de cada ano celébrase o Día Internacional de LEGO.

A Biblioteca súmase a esa celebración cunha mostra que consta de dúas partes:

    • Na vitrina xunto á entrada da biblioteca, unha exposición de maquetas de edificios emblemáticos (Museo Guggenheim de Nova York, Torre Inclinada de Pisa, Trafalgar Square) da colección Lego Architecture.
    • No expositor metálico xunto ao mostrador, un centro de interese con libros sobre Lego e outros xoguetes de construción.

Exposición virtual:

 

Exposicións e centros de interese no ano 2024

"O Colexio Oficial da Arquitectura Técnica da Coruña. A súa importancia e a colexiación", conferencia de Juan Carlos Mato Méndez e Víctor M. Porto Pallín

Marco: Asignaturas Dirección, Organización e Programación de Obras e Xestión Inmobiliaria, Taxacións, Valoracións e Arquitectura Legal do Grao en Arquitectura Técnica

Data: 13 de novembro

Contido: Con motivo da conferencia O Colexio Oficial da Arquitectura Técnica da Coruña. A súa importancia e a colexiación, impartida polo Presidente do Colexio, Juan Carlos Mato Méndez, e o Responsable do seu Gabinete Técnico, Víctor M. Porto Pallín, a BEUAT ofrece un centro de interese cunha mostra de publicacións editadas ou doadas á Biblioteca polo COATAC.

Exposición virtual:

«Proxecto Eco3Dconcrete: deseño de formigón sostible para impresión 3D», conferencia de Paloma Funes García

Marco: Ciclo de conferencias «I + D en edificación: avances científicos e tecnolóxicos para acadar os obxectivos de desenvolvemento sostible»

Data: 30 de outubro

Contido: Con motivo do sexto relatorio do Ciclo de conferencias I + D en edificación 2024, a BEUAT ofrece un centro de interese cunha infografía sobre Paloma Funes García e mais unha mostra de libros relacionados coa materia da conferencia.

Exposición virtual:

«Dixitalización e eficiencia enerxética en edificación», conferencia de Alexander Martín Garín

Marco: Ciclo de conferencias «I + D en edificación: avances científicos e tecnolóxicos para acadar os obxectivos de desenvolvemento sostible»

Data: 23 de outubro

Contido: Con motivo do cuarto relatorio do Ciclo de conferencias I + D en edificación 2024, a BEUAT ofrece un centro de interese cunha infografía sobre Alexander Martín Garín e mais unha mostra bibliográfica con algúns dos seus artigos máis destacados e libros relacionados coa materia da conferencia.

Exposición virtual:

«Estratexias para a adaptación de edificios existentes en edificios de consumo case nulo (nZEB)», conferencia de María López Zambrano

Marco: Ciclo de conferencias «I + D en edificación: avances científicos e tecnolóxicos para acadar os obxectivos de desenvolvemento sostible»

Datas: 16 de outubro

Contido: Con motivo do cuarto relatorio do Ciclo de conferencias I + D en edificación 2024, a BEUAT ofrece un centro de interese cunha infografía sobre María López Zambrano e mais unha mostra bibliográfica con algúns dos seus artigos máis destacados.

Exposición virtual:

«Arquitectura técnica e calidade do aire interior», conferencia de María Figols González

Marco: Ciclo de conferencias «I + D en edificación: avances científicos e tecnolóxicos para acadar os obxectivos de desenvolvemento sostible»

Datas: 9 de outubro

Contido: Con motivo do terceiro relatorio do Ciclo de conferencias I + D en edificación 2024, a BEUAT ofrece un centro de interese cunha infografía sobre María Figols González e mais unha mostra bibliográfica con algúns dos seus artigos máis destacados e libros relacionados coa materia da conferencia.

Exposición virtual:

«Multidisciplinaridade en I+D: actividade como técnico de laboratorio no CITEEC», conferencia de Emilio Rey Bouzón

Marco: Ciclo de conferencias «I + D en edificación: avances científicos e tecnolóxicos para acadar os obxectivos de desenvolvemento sostible»

Datas: 2 de outubro

Contido: Con motivo do segundo relatorio do Ciclo de conferencias I + D en edificación 2024, a BEUAT ofrece un centro de interese cunha infografía sobre a relator e mais unha mostra bibliográfica con algúns dos seus artigos máis destacados.

Exposición virtual:

«Valorización de residuos en materiais de construción», conferencia de María Martín Morales

Marco: Ciclo de conferencias «I + D en edificación: avances científicos e tecnolóxicos para acadar os obxectivos de desenvolvemento sostible»

Datas: 25 de setembro

Contido: Con motivo do primeiro relatorio do Ciclo de conferencias I + D en edificación 2024, a BEUAT ofrece un centro de interese cunha infografía sobre a relatora mais unha mostra bibliográfica con algúns dos seus artigos más destacados e libros relacionados coa materia da conferencia.

Exposición virtual:

Urban sketching: debuxo urbano y de paisaxe

Marco: Vacacións

Datas: 18 de xuño a 9 de setembro de 2024

Contido: O curso xa rematou ou está a piques de facelo, polo que, despois dun ano de duro esforzó e estudo, é hora de gozar do tempo libre! Dende a túa Biblioteca, propoñémosche unha actividade de lecer divertida e case de balde: o debuxo urbano ou urban sketching. Só precisas un lapis, un caderno e ganas de observar e debuxar. Para saber máis, convidámosche á mostra bibliográfica que montamos na Biblioteca sobre esta materia e a consultar a súa guía de lecturas.

Exposición virtual:

 

Cercha, invitación á lectura! Nova exposición na BEUAT con motivo da celebración do Día Internacional do Libro 2024

Marco: 23 de abril, Día Internacional do Libro

Datas: 23 ao 27 de maio de 2024

Contido: A revista Cercha é o órgano de expresión do Consello Xeral da Arquitectura Técnica de España (CGATE). Nos artigos da súa sección Firma Invitada, un escritor aborda desde unha perspectiva literaria ou ensaística cuestións relacionadas coa arquitectura técnica; xunto ao nome do escritor menciónase a súa novela máis recente. A mostra Cercha, invitación á lectura! expón os artigos da sección Firma Invitada (desde a transformación da revista en publicación dixital en 2021) xunto aos libros mencionados neles.

Exposición virtual:

 

Mulleres traballando! A perspectiva de xénero na sinalización das obras e no deseño dos equipos de protección individual (EPIs)

Marco: 8 de marzo, Día Internacional da Muller

Datas: 8 ao 30 de marzo de 2024

Contido: Esta exposición quere ser unha mostra das diversas accións que, nos ámbitos da construción e dos EPIs, estanse a acometer para a actualización das sinais segundo a perspectiva de xénero, e ir máis aló configurándose como un espazo de reflexión no que propoñemos, desde un enfoque de xénero, outros sinais máis inclusivos.

Exposición virtual:

ODS:  5 Igualdade de xénero

Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia: Centro de interese

Marco: 11 de febreiro, Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

Datas: 9 de febreiro ao 30 de marzo de 2024

Contido: Centro de interese no primeiro andar da biblioteca con obras relacionadas coa temática da celebración.

ODS:  5 Igualdade de xénero


Exposicións e centros de interese no ano 2023


Manuel Caamaño Suárez: O seu legado na EUAT da UDC

Marco:  17 de novembro, Acto de celebración do 50+3 aniversario da titulación de Arquitectura Técnica e Acto de Graduación da Promoción 2022-2023

Datas:  desde o 17 de novembro de 2023

Contido:  No acto de celebración do 50+3 aniversario da titulación de Arquitectura Técnica foi homenaxeado o profesor da Escola Manuel Caamaño Suárez. A BEUAT súmase a esta homenaxe cunha exposición.

Ciclo de exposicións: Legados #02

 

Milagros Rey Hombre: O seu legado na EUAT da UDC

Marco:  8 de marzo, Día Internacional da Muller

Datas:  8 ao 30 de marzo de 2023

Contido:  A BEUAT organiza a súa exposición do Día da Muller 2023 ao redor da figura de Milagros Rey Hombre, unha das primeiras mulleres arquitectas de España e antiga profesora da nosa Escola.

ODS:  5 Igualdade de xénero

Ciclo de exposicións: Legados #01

Mulleres e construción. Guía de lectura

Marco:  8 de marzo, Día Internacional da Muller

Datas:  8 ao 30 de marzo de 2023

Contido:  Guía de lectura de libros da BEUAT relacionados coa temática Mulleres e construción

ODS:  5 Igualdade de xénero

Ilustradoras galegas de banda deseñada

Marco:  8 de marzo, Día Internacional da Muller

Datas:  8 ao 30 de marzo de 2023

Contido:  Centro de interese de obras das ilustradoras galegas Emma Ríos e Xulia Vicente

ODS:  5 Igualdade de xénero


Exposicións e centros de interese no ano 2022


O vidro, material de construción

Marco:  Ano Internacional do Vidro

Datas:  decembro de 2022 a xaneiro 2023

Contido: Nacións Unidas declarou o ano 2022 como o Ano Internacional do Vidro. A Biblioteca da EUAT participa nesta celebración cunha exposición bibliográficas das obras da súa colección que tratan deste tema.

Acceso á presentación

Responsabilidade na construción

Marco:  Ciclo de Conferencias sobre aa Profesión de Arquitectura Técnica

Datas:   28 de abril ao 10 de maio de 2022

Contido:    Coa ocasión da organización do Ciclo de Conferencias sobre a Profesión de Arquitectura Técnica, organizado pola  materia de GAT Direción, Xefatura e Xestión de Obras, e coa colaboración do COATAC, este novo centro de interese reúne materiais que se centran na responsabilidade profesional na construción.

ODS:  3 Saúde e benestar

Pedra sobre pedra: valor no patrimonio construído

As pedras do patrimonio construído son un recurso con gran potencial social e económico que atrae o turismo cultural. Son o noso legado do pasado e unha garantía de futuro.

Dende esta perspectiva, e co gallo da celebración da conferencia 'O correr da pedra no patrimonio construído', na biblioteca preparamos unha selección de materiais sobre esta temática.

Bioconstrución: desenvolvemento urbano na visión de Gernot Minke

Marco:  III Xornadas de bioconstrución (25 de marzo - 2 de abril)

Datas:  22 de marzo ao 13 de abril de 2022

Contido: Nas III Xornadas de bioconstrución organizadas por ESPIGA e Enxeñería sen fronteiras Galicia na Universidade da Coruña, contaráse coa presenza do experto na teoría e práctica da bioconstrución, doutor arquitecto e enxeñeiro alemán, Gernot Minke.

Na nosa colección atoparedes numerosos materiais deste gran referente no campo da arquitectura ecolóxica e construción de baixo custo (construción con terra, construción con palla, cubertas verdes, etc.).

Celebra a cor

Marco:  Día Internacional da Cor, 20 de marzo

Datas:  14 ao 28 de marzo de 2022

Contido: A cor é, en virtude da percepción visual, un dos fenómenos máis influentes na vida das persoas e tamén un das canles que contribúe en maior proporción ao noso coñecemento do mundo externo. A cor inflúe activamente na experiencia de quen o percibe e na edificación e a arquitectura non é diferente. Decidir a cor final dunha construción é unha responsabilidade, sexa para unha vivenda particular, un lugar comercial, centro educativo, social ou recreativo; a cor é unha parte moi importante do acabado e non só pola aparencia estética do propio edificio.

Arquitectas técnicas: tradición e futuro

Marco:  8 de marzo Día Internacional da Muller

Datas:   1 ao 18 de marzo de 2022

Contido:    Unha homenaxe ás primeiras tituladas na E.U. de Arquitectura Técnica e ás novas promocións. Mostra dos TFC das alumnas fundadoras, datos sobre a presenza da muller nos estudos da EUAT e no exercicio profesional. Exposición de fotografías da nova xeración de alumnas.

ODS:  5 Igualdade de xénero

Arquitectura industrial: patrimonio, estética, sostibilidade

Marco:  O patrimonio industrial no contexto dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS)

Datas:  3 ao 28 de febreiro de 2022

Contido:    O patrimonio industrial, como conxunto de bens e elementos rescatados do abandono e a ruína para ser introducidos no circuíto produtivo e cultural, formando así parte das estratexias de rexeneración territorial, o que afecta tanto a espazos urbanos como rurais, vese reflectido nos obxectivos e metas da Axenda 2030, en concreto cos ODS 11 e 12.

ODS:

- 11: Lograr que as cidades e os asentamentos humanos sexan inclusivos, seguros,resilientes e sostibles.

- 12: Garantir modalidades de consumo e produción sostibles.