Como podo propoñer a adquisición de documentos para a biblioteca?
Quen pode solicitar a adquisición dunha obra?
Como podo ver as últimas adquisicións?
Podo saber se un libro xa foi pedido para comprar pola biblioteca?
Como sei se chegou o documento que solicitei?
Debe cubrir o formulario para a solicitude de adquisicións que se atopa na web da BUDC (dentro da ligazón de 'Xestións en liña').
Toda a comunidade universitaria e tamén os usuarios externos.
No apartado Novidades no catálogo da páxina inicial do catálogo da BUDC, podendo seleccionar aí a biblioteca de centro que interese.
Si, buscándoo no catálogo. Se está pedido aparecerán os seus datos. Na información da dispoñibilidade poñerá que 'Non está dispoñible' e abrindo o exemplar veremos a etiqueta 'En proceso de compra'.
Unha vez que o documento se incorpore á Biblioteca, chegaralle un aviso ao seu correo electrónico.