Solicitar o carné de usuario externo

Non son membro desta universidade, podo utilizar a biblioteca e sacar libros en préstamo?
Que teño que facer para solicitar o carné de usuario externo?
Cal é a vixencia da tarxeta de usuario externo?
Cales son as condicións de préstamo para os usuarios externos?
 

Non son membro desta universidade, podo utilizar a biblioteca e sacar libros en préstamo?

A biblioteca está aberta a calquera que precise usar os seus fondos, pero algúns servizos están restrinxidos aos usuarios, como no caso do préstamo.
As persoas alleas á Universidade poden solicitar o carné de usuario externo autorizado, o que lles permitirá utilizar este servizo (punto 2.2 das Normas de préstamo do Servizo de Biblioteca da UDC).

Que teño que facer para solicitar o carné de usuario externo?

Debe consultar os requisitos e o proceso de alta aquí.

Cal é a vixencia da condición de usuario externo?

Ten a vixencia dun ano a partir da data da emisión, polo tanto, debe renovar a tarxeta cada ano.

Cales son as condicións de préstamo para os usuarios externos?

Pode levar en préstamo 6 libros durante 10 días. Máis información nas Normas de préstamo da Biblioteca Universitaria e na Guía de préstamo.