Que é a formación de usuarios?
Ofrecen as bibliotecas algún curso de formación?
Como podo inscribirme aos cursos?
Que son os bibliotecarios temáticos?
Existe algún material de apoio aos cursos de formación?
A formación de usuarios consiste na ensinanza dos produtos postos a disposición da comunidade universitaria pola Biblioteca, co obxectivo principal de conseguir que os usuarios utilicen cada vez máis os nosos recursos.
As bibliotecas de centro soen ofrecer cursos de formación ás súas persoas usuarias, que abranguen diferentes aspectos: presentación do servizo para alumnos de primeiro; formación no uso da biblioteca e do catálogo; formación no uso das fontes de información máis representativas da/s titulación/s do centro, etc.
Máis información nas diferentes bibliotecas de centro e na seguinte ligazón.
Para inscribirse nos cursos que se dan nas diferentes bibliotecas é preciso contactar con cada unha delas por correo electrónico, teléfono ou acudindo ao mostrador de préstamo. Información de contacto das bibliotecas.
Son os bibliotecarios especializados nunha materia determinada.
Si, na plataforma de teleensino Campus Virtual UDC e tamén nos apartados de apoio á aprendizaxe e apoio á investigación da páxina da Biblioteca. Na páxina web da biblioteca tamén existe acceso a material de formación en competencias dixitais para alumnado de grao. Por outra banda, existe unha sección de Infoguías, que proporciona guías de consulta rápida sobre diferentes temas: recursos de información, ferramentas de apoio á aprendizaxe e á investigación e outras guías temáticas de interese xeral.