Recursos electrónicos

Que tipos de recursos de información hai?
Onde podo atopar os recursos dispoñibles?
Onde localizar as bases de datos?
Onde temos os libros electrónicos?
Como podo consultar as revistas electrónicas?
Que recursos gratuítos temos?
Que son os recursos en acceso aberto?
Que tipos de materiais en acceso aberto temos?
Desde onde podo consultar os recursos de información?
Existen restricións de uso?
Como fago para acceder aos recursos desde fóra da UDC?
Podo consultalos desde o meu ordenador portátil?
Que fago se teño algún problema co acceso aos recursos?
Que fago se meu portátil non detecta a rede, ou a detecta pero non podo acceder?

Que tipos de recursos de información hai?

  • Coleccións dixitais da Biblioteca: bases de datos, revistas electrónicas, libros electrónicos, hemeroteca dixital e RUC (repositorio institucional da UDC)
  • Recursos electrónicos gratuítos.
  • Recursos en acceso aberto.

Onde podo atopar os recursos dispoñibles?

No catálogo están incluídas as bases de datos, revistas electrónicas e libros electrónicos aos que está suscrita a Biblioteca, ademáis de gran parte dos artigos e capítulos electrónicos aos que temos acceso. É preciso Iniciar sesión para poder acceder a todos estes recursos.

Todos os recursos están presentes na páxina da Biblioteca Universitaria.

Onde localizar as bases de datos?

As bases de datos están no catálogo da biblioteca e tamén temos un apartado de bases de datos na web cun listado alfabético e outro onde están organizadas por materias.

Se queredes buscar información en castelán, as bases de datos do CSIC e tamén o portal universitario Dialnet dan acceso a tódala producción científica española; se tedes que ampliar a busca podedes buscar nas bases de datos internacionais.

Onde temos os libros electrónicos?

Os libros electrónicos e as obras de referencia dixital están integradas no catálogo da biblioteca pero tamén poden buscarse, por plataforma, nunha listaxe alfabética que está no apartado de libros electrónicos da web e tamén organizados en coleccións coleccións temáticas e multidisciplinares.

Como podo consultar as revistas electrónicas?

As revistas electrónicas e a maior parte do seu contido subscrito pódese consultar a través do catálogo da biblioteca.

Tes un apartado de revistas electrónicas na páxina web da biblioteca onde atoparás unha listaxe alfabética cos principais editores e plataformas subscritas pola UDC, tamén clasificadas por temas. No caso de revistas en acceso aberto, temos tamén unha selección de portais dedicados ás mesmas.

Que recursos gratuítos temos?

Na páxina adicada aos Recursos de información, ademáis das colecciones dixitais da biblioteca, hai unha selección de recursos electrónicos por áreas: recursos gratuítos xerais e por materias. Por último, temos unha selección de recursos en acceso aberto.

Que son os recursos en acceso aberto?

O acceso aberto intenta poner o coñecemento científico a disposición da cidadanía sen que se teña que pagar. Inspirado na filosofía do software libre, comenzou coas revistas científicas e hoxe se estende a tódolos campos do saber.

Que tipos de materiais en acceso aberto temos?

A biblioteca ten feita unha selección de recursos abertos. Damos acceso a portais de revistas en acceso aberto, libros académicos e repositorios de documentos. O movemento estendeuse a outros tipos de materiais, e temos varias páxinas de datos abertos (open data), materiais docentes, revisión das publicacións científicas en aberto e por último un movemento moi amplio da ciencia aberta.

Desde onde podo consultar os recursos de información?

Os recursos en liña poden consultarse desde calquera ordenador  conectado a internet, tanto na propia Universidade como fóra da UDC (o acceso desde fóra está reservado só aos membros da comunidade universitaria: estudantado, PDI e PAS).

Existen restricións de uso?

Algúns recursos poden ter restricións como o número de usuarios que podan consultalos á vez, limite de descargas, de páxinas para imprimir, etc.

O uso destes recursos sempre debe ser con fins de investigación e/ou docencia e nunca para uso comercial. 

Como fago para acceder aos recursos desde fóra da UDC?

Se estás consultando o catálogo, basta con que te identifiques nel para visualizar os enlaces aos recursos electrónicos e acceder a eles.

Se utilizas a vía de consultar directamente os recursos a través das listaxes da web, autentícate como membro da comunidade universitaria: profesor (PDI), estudante ou persoal de administración e servizos (PAS), na seguinte páxina de acceso. Atópanse máis indicacións sobre como utilizar este servizo nesta ligazón.

Podo consultalos  desde o meu ordenador portátil?

Si, sempre que o portátil teña tarxeta de rede sen fíos, poderá acceder a Internet a través da rede WiFI da Universidade. Para o seu uso é necesario terse dado de alta no xestor de identidade corporativa da UDC.

Que fago se teño algún problema co acceso aos recursos?

Se ten algún problema coa configuración do acceso, contacte co Centro de Atención a Usuarios (CAU), cau.sic@udc.es, tel. 981 167 000, extensión 2222

Se ten algún problema co acceso aos contidos dos proveedores, diríxase á Sección Acceso ao documento, accesodoc.biblioteca@udc.gal, tels. 881015669, 881015674, 881015675 e 881015676.

Que fago se o meu portátil non detecta a rede, ou detecta pero non pode acceder?

Contactar con UDCWIFI.