Todas as persoas que o desexen poden solicitar o carnet de persoa usuaria autorizada externa.
Se desexa darse de alta como persoa usuaria autorizada externa ten que enviar ao correo electrónico accesodoc.biblioteca@udc.gal a seguinte documentación:
O formulario impreso está tamén dispoñible nas bibliotecas da Universidade para quen o prefira entregar presencialmente.
Unha vez dada de alta, a persoa usuaria recibirá unha carta de benvida e un correo electrónico que lle permitirá cambiar o seu contrasinal.
Pasados uns días, as tarxetas estarán dispoñibles e poderanse recoller na biblioteca seleccionada pola persoa usuaria.
O carne ten unha validez dun ano. Pódese solicitar a renovación sempre que non se teñan préstamos caducados. Para a renovación, emprégase o mesmo formulario pero non é necesario achegar ningún outro documento.
Pode levar en préstamo 6 libros durante 10 días. Máis información nas Normas de préstamo da Biblioteca Universitaria e na Guía de préstamo.
Para entrar na súa conta no catálogo da Biblioteca (CRUNIA) ten que iniciar a sesión como Usuario/a Autorizado/a co seu usuario (21+DNI) e o contrasinal que escolleu durante el proceso de alta.
Identificarse permitiralle, entre outras cousas :
Os usuarios/as autorizados/as soamente poderán consultar os recursos electrónicos nos ordenadores presentes nas bibliotecas de centro.
O préstamo realizarase mediante a presentación dalgún dos seguintes documentos:
O uso da rede sen fíos da UDC está restrinxido á comunidade universitaria. As persoas usuarias autorizadas externas non poden acceder á wifi, a non ser que sexan ex-estudantes (accederán co seu antigo usuario da universidade e o contrasinal a través da rede udcportal) ou membros doutras universidades que participen no proxecto eduroam. Nese caso utilizarán a rede eduroam configurando o seu ordenador segundo as pautas da súa institución de orixe.
Teléfonos: 881 01 56 74, 881 01 56 38, 881 01 56 75
Correo electrónico: accesodoc.biblioteca@udc.gal.