O módulo de Xurisprudencia contén sentenzas de TS, TC, AN Audiencias Provinciais, TSJ, DOUE, DOCE e Xulgados, Lexislación estatal, autonómica e europea, proporcionando acceso aos textos básicos permanentemente actualizados e as súas versións consolidadas, orixinal e intermedia. Ademais conta con: máis de 10.000 Formularios en todas as materias; unha ampla recompilación de artigos doctrinais en Bibliografía a texto íntegro; convenios estatais, autonómicos e locais integrados co resto de contido; un Dicionario Xurídico de máis de 2.500 termos; esquemas procesuais civís, sociais, concursais, contenciosos-administrativos e constitucionais. Así mesmo tense acceso aos 48 Mementos, 8 Actum e a Revista de Jurisprudencia.