Deepl

Deepl permite traducir textos a múltiples idiomas.
 
A versión da Biblioteca Universitaria é a starter, que inclúe:
 
  • Tradución de textos ilimitada a 32 idiomas.
  • Tradución de arquivos. A Biblioteca Universitaria ten unha bolsa de traducións de artigos de 250 por mes para todas as bibliotecas. Os arquivos poden ocupar un máximo de 10 Mb.
  • Posibilidade de crear un glosario con 5.000 entradas.
 
O PDI debe dirixirse á súa biblioteca de centro para facer uso dos seus servizos.
 
A Biblioteca Central atenderá as peticións dos PAS, bibliotecas e Reitoría. Estas solicitudes deben ser dirixidas ao correo adquisicions.biblioteca@udc.es.