Neste apartado atoparedes material formativo que capacita en competencia dixital ao estudantado de grao. O material estrutúrase segundo o Marco de competencia digital para estudiantes de grado: adaptación de DIGCOMP (orixinal: DIGCOMP: A Framework for Developing and Understanding Digital Competence in Europe ) que consta de 5 áreas, con 21 competencias en total. Para cada competencia, ofrécese material autoformativo baseado na metodoloxía MOOC:
a) Un vídeo de presentación dun problema relacionado coa competencia a desenvolver que debe resolver un estudante e que sirva como “gancho” para seguir os materiais formativos
b) Unha serie de presentacións en PDF cos coñecementos que un estudante debe adquirir sobre a competencia
Competencia 1: Información e tratamento de datos
1.1 Navegación, busca e filtrado de información, datos e contidos dixitais
1.2 Avaliación de información, datos e contidos dixitais
1.3 Xestión de información, datos e contidos dixitais
Competencia 2: Comunicación e colaboración
2.1 Interacción mediante tecnoloxías dixitais
2.2 Compartir mediante tecnoloxías dixitais
2.3 Participación social mediante tecnoloxías dixitais
2.4 Colaboración mediante tecnoloxías dixitais
2.6 Xestión da identidade dixital
Competencia 3: Creación de contido dixital
3.1 Desenvolvemento de contidos dixitais
3.2 Integración e reestructuración de contido dixital
3.3 Dereitos de autor e licenzas
3.4 Configuración e personalización de aplicacións e programas informáticos
Competencia 4: Seguridade
4.1 Protección de dispositivos
4.2 Protección de datos persoais e privacidade
4.3 Protección da saúde e o benestar
Competencia 5: Resolución de problemas
5.1 Resolución de problemas técnicos
5.2 Identificación de necesidades e respostas tecnolóxicas