Identificación de lagoas na competencia dixital
No contexto da aprendizaxe ao longo da vida, periodicamente debes revisar se as túas competencias en cada unha das áreas son as adecuadas para detectar as posibles lagoas en competencia dixital. En caso de detectar algunha, pódense volver consultar as presentacións e vídeos para adquirila de novo ou ampliala coa ferramentas e recursos que se propoñen ao final de cada presentación no apartado "Para saber máis..."
Por outra banda, os profesionais da información e das tecnoloxías do teu centro poden orientarche en seguir afianzando os teus coñecementos e habilidades en competencia dixital.