As guías do curso 2025/26 elaboraranse todas en SIGMA. Pódese acceder á plataforma tanto en galego como en castelán.
Accesos a SIGMASIGMA en galegoSIGMA en castelánUnha vez dentro de Sigma, no panel da esquerda selecciona Guías Docentes > Guía docente > Edición guías docentes para acceder ó módulo de edición de guías docentes. |
Manual de uso
|
Requírese autenticación na UDC para poder acceder aos informes do estado das guías docentes. Os informes son dous libros Excel con varias lapelas. A principal diferenza entre os dous informes é que un mostra a información de todas as guías docentes da UDC, mentres que o outro soamente recolle a información das guías que non están publicadas ou non están validadas academicamente.
Emprega a seguinte ligazón para acceder ao cartafol que contén os informes:
ACCESO AO CARTAFOL DOS INFORMES DO ESTADO DAS GUÍAS DOCENTES
A documentación dos informes contén información importante para interpretar correctamente os valores que se mostran nos informes.
Tarefa | Datas | Responsable | Trámite |
---|---|---|---|
Elaboración de guías docentes | Do 25 de xuño ao 15 de xullo | Profesorado da materia | Editar as guías Enviar a validar as guías (unha vez enviadas as guías a validar o profesorado non poderá editalas) |
Revisión, validación e publicación de guías docentes | Do 16 de xullo ao 25 de xullo |
Coordinación de titulacións Profesorado da materia Departamento Centro |
Revisar as guías enviadas: • Correctas → Validar e publicar (é preciso publicar as guías para que o PDI da UDC as poida revisar de cara á súa aprobación e ratificación en Consellos de Departamento e Xuntas de Centro) • Precisa correccións → Devolver ao profesorado |
Aprobación de guías docentes | 23 de xullo | Departamento | Comunicar ao decanato a aprobación das guías |
Ratificación de guías docentes | 24 de xullo | Centro | Ratificar as guías |
Revisión de guías con incidencias | Ata o 30 de setembro | Profesorado, coordinacións ou equipos directivos segundo a incidencia | Validar e publicar as guías que correspondan |
Os informes de importación de guías de GADU a SIGMA xéranse por cada centro e requírese autenticación na UDC para poder acceder. Os informes están dispoñibles en galego, castelán e inglés, aínda que hai parte da información que soamente está dispoñible nun idioma.
Emprega a seguinte ligazón para acceder aos informes. Selecciona o centro ao que pertence a titulación e descarga o informe correspondente en formato HTML. Para visualizalo utiliza un navegador web.
ACCESO AOS INFORMES DE IMPORTACIÓN GADU - SIGMA
Sesión | Audiencia obxectivo | Ligazón* | Data e hora |
---|---|---|---|
Elaboración e xestión de guías docentes en Sigma | Persoas coordinadoras de titulación | Gravación da sesión | 23/06/2025 12:00 |
Cambios nas guías docentes de Sigma con respecto ao curso 2024/25 | PDI Facultade de Filoloxía | 25/06/2025 10:00 | |
Elaboración de guías docentes (quenda 1) | PDI | Gravación da sesión | 25/06/2025 12:00 |
Elaboración de guías docentes (quenda 2) | PDI | Gravación da sesión | 04/07/2025 12:00 |
* Gravacións das sesións xa realizadas