Lembre asegurarse de que hai prazas dispoñibles na actividade na que queira inscribirse.
- Alumnado de calquera dos tres ciclos: Grao, Máster e Doutoramento ou 1º, 2º e 3º ciclo da UDC, persoal docente e investigador (e cónxuxes e fillos de entre 15 e 28 anos), persoal técnico de xestión e de administración e servizos (e cónxuxes e fillos de entre 15 e 28 anos), estudantes de programas de intercambio e estudantes de mestrados con seguro de cobertura de actividades deportivas.
-Ademais terán a consideración de comunidade universitaria, todas as persoas xubiladas dos colectivos de persoal docente e investigador e persoal de administración e servizos desta universidade.
- Non todas as actividades están abertas para os fillos/as abonados/as da comunidade universitaria (consultar antes da inscrición).
- Despois de participar nalgunhas competicións e actividades, os alumnos/as de Grao poderán solicitar o recoñecemento de créditos (normativa e resolución reitoral).
- Todos os usuarios/as abonados/as da Área de Deportes no presente curso académico poderán facer uso gratuíto das instalacións deportivas propias da UDC, agás da Sala Fitness/musculación.
- O cónxuxe/parella de feito, e os/as fillos/as (maiores de 15 anos) de PTXAS, PDI e PEC, terán que darse de alta ou recuperar contrasinal (no caso de xa estar dado de alta) como persoas externas (https://udcxest.udc.gal/xest/login/realm/index.xhtml). Unha vez que entre na ficha (o usuario é o correo electrónico), ten que solicitar a inclusión no colectivo FAMILIARES. Para isto, ten que premar na opción: "Nova alta en colectivo especial". Solicitaráselle achegar unha copia do libro de familia ou da Certificación da Inscrición no Rexistro de Parellas de Feito.
- No caso dos/as fillos/as menores de 15 anos, é o/a pai/nai/titor/a quen ten que dalos de alta dende o seu usuario premendo na opción "usuarios tutelados". Tamén terán que achegar copia do libro de familia.
- Que inclúe o Abono Deporte? Uso gratuíto de instalacións deportivas (*)
(*) Para garantir os protocolos de acceso e uso das instalacións, só estarán dispoñibles as seguintes instalacións deportivas:
- Pistas de atletismo do Estadio Universitario A Mariña Dourada (consulta aquí as condicións de acceso)
- Pistas de pádel (consulta aquí as formas e condicións de acceso)
- Pista polideportiva interior do Pavillón de Deportes do campus de Elviña (información e reservas)
- Pista polideportiva exterior do campus de Elviña (información e reservas)
Matrícula, para público en xeral (maiores de 18 anos) co pagamento de 70€ (válido para todo o curso académico en vigor. Do 19 de setembro ao 30 de xuño) a maiores do prezo da actividade en cuestión na que se anoten, para poder participar nas actividades abertas a eles/as (non inclúe o uso libre de instalacións nin a participación en competicións universitarias internas ou externas).
Pasos a seguir para darse de alta ou recuperar contrasinal.
Poderás abonar o Abono Deporte a partir do 1 de setembro e a Matrícula público e xeral a partir do 22 de setembro.
- Todas as actividades deportivas están suxeitas para o seu correcto desenvolvemento a un número mínimo de participantes. A Área de Deportes resérvase o dereito de suspender algunha actividade de non se alcanzar unha participación mínima ao rematar o prazo aberto de inscrición para a Comunidade Universitaria. Cómpre consultalo no momento da inscrición.
- Todas as actividades deportivas rexeranse polo calendario académico universitario. Cando o calendario académico universitario marque un festivo ou non lectivo, ese día, non haberá clases e non se recuperarán.
- A Área de Deportes reservase o dereito a modificar as actividades ou os prezos. As tarifas da Área de Deportes están exentas de IVE segundo indica o artigo 20 da Lei 37/1992, de 28 de decembro, do imposto sobre o valor engadido.
- Descontos nas inscricións: do 25% para a segunda escola ou actividade de exercicio e saúde e do 50% para a terceira e sucesivas (só para escolas/actividades de exercicio e saúde anuais, non contan nin a actividade de adestramento persoal nin a escola de pádel).
Indicamos a continuación cales son os pasos para obter o código QR:
acceder a udcxest.udc.gal
Autenticarse en “Usuario/a” (arriba á dereita)
Nada máis acceder á súa ficha, verá o botón onde pode descargarse o seu código QR
Seguros de accidentes para actividades organizadas e dirixidas pola Área de Deportes (para usuarios co Abono ou Matrícula da Área de Deportes en vigor no presente curso académico)
Procedemento en caso de accidente:
Antes de visitar o centro médico, deberán de entregar nas oficinas da Área de Deportes, ou enviar ao correo electrónico de contacto, o seguinte documento correctamente cuberto. Posteriormente, o dito documento, revisado e asinado pola Área de Deportes, deberá ser presentado pola persoa interesada na secretaría do centro universitario onde estea matriculada e onde lle formalizarán os trámites correspondentes.
Unha vez rematados os anteditos trámites na secretaría do centro, poderá acudir ao centro médico correspondente.
No casos de urxencias médicas, poderán acudir directamente ao centro médico correspondente e efectuar posteriormente os anteditos trámites
En caso de accidente, o alumnado co seguro HAC LUCE deberá de poñerse en contacto coa compañía aseguradora: ARTAI - Correduría de seguros, S.A. coruna@artai.com R/ Juan Flórez, 42, 1º - 15004. 981 233 625
Antes de visitar o centro médico, deberán de entregar nas oficinas da Área de Deportes, ou enviar ao correo electrónico de contacto, o seguinte documento correctamente cuberto. Posteriormente, o dito documento, revisado e asinado pola Área de Deportes, deberá ser presentado pola persoa interesada na compañía aseguradora: ARTAI - Correduría de seguros, S.A. coruna@artai.com R/ Juan Flórez, 42, 1º - 15004. 981 233 625
No casos de urxencias médicas, poderán acudir directamente ao centro médico correspondente, facendo referencia da prestación médica a través do seguro HAC LUCE ACCIDENTES (CUM LAUDE) e efectuar posteriormente os anteditos trámites.
O alumnado da Universidade Sénior deberá de consultar previamente as condicións do seu seguro de accidentes (contratado pola Universidade Sénior) na secretaría ou dirección da propia Universidade Sénior.
* As actividades en períodos non lectivos (campamentos e campus deportivos), terán o seu propio seguro de accidentes.
* Quedan excluídos os usos libres de instalacións (alugueiros e reservas de instalacións)