Seguros

SEGURO ESCOLAR

Seguro escolar para menores de 28 anos

Seguridade social: Prestacións seguro escolar

Obrigatorio: Estudantes nacionais dos Estados membros da Unión Europea e do Espazo Económico Europeo, e, en xeral, todos os estudantes estranxeiros residentes nas mesmas condicións que os españois, sempre que cursen os citados estudos en España e ata a idade de 28 anos.

Formulario de solicitude de prestacións do seguro escolar

Centros médicos de asistencia sanitaria
Públicos: Todos os centros do Sistema Nacional de Saúde
Concertados:

  • I.M.Q. San Rafael, S.A. Av. de Las Jubias 82. 15006 A Coruña
  • Arteixo Centro Fisioterapia - Sonia Fdez. Carracedo. Av. de Finisterre, 171, 1ºD. Arteixo
  • Clínica FISAM, S.L. Rúa Perpetuo Socorro, 1, 1º D. 15006 A Coruña
  • Hospital Quirónsalud A Coruña. Rúa Londres, 2. 15009 A Coruña
  • Instituto Oftalmológico Quirónsalud A Coruña. Paseo Marítimo 1. 15002 A Coruña
  • Centro Médico Riveira - Manuel García Meijide. Praza Pablo Neruda, 6, 1º. 15960 Ribeira

*A estes centros concertados non poderán acudir os alumnos que estean en situación de alta na Seguridade Social.

SEGURO HAC LUCE PINCHAZOS: Accidentes persoais, seguros colectivos (complementario HAC LUCE ACCIDENTES)

Obxecto: Alumnado que puider sufrir unha picada durante a súa actividade lectiva que como consecuencia puidera producir a infección do VIH (Human Virus de Inmunodeficiencia B) ou Hepatites B ou C.

É requisito obrigatorio ter contratado o seguro CUM LAUDE (HAC LUCE ACCIDENTES)

Cobertura e garantías cubertas

Obrigatorio: Alumnado do 2º, 3º e 4º curso do Grao en Enfermaría e do 3º e 4º curso do Grao en Podoloxía

SEGURO CUM LAUDE (HAC LUCE ACCIDENTES)

Compañía aseguradora: Chubb European Group Limited Sucursal España

Póliza: curso 2020/21

Obrigatorio: Alumnos a partir dos 28 anos

Indicado: Alumnos da Universidade da Coruña que realicen prácticas académicas externas, actividades deportivas, culturais e sociais, etc.

Centros médicos de asistencia sanitaria
A Coruña: 

  • Hospital Quirónsalud A Coruña. Rúa. Londres, 2. 15009 A Coruña
  • I.M.Q. San Rafael, S.A. Av. de Las Jubias 82. 15006 A Coruña
  • Hospital HM Modelo. Rúa Virrey Osorio, 30. 15011 A Coruña

Ferrol:

  • Centro Médico Quirónsalud Ferrol. Rúa Coruña ,19. 15420 Ferrol
  • Hospital Juan Cardona.Rúa Pardo Bazán, s/n, 15404 Ferrol

Información/sinistros: ARTAI - Correduría de seguros, S.A. coruna@artai.com R/ Juan Flórez, 42, 1º - 15004. 981 233 625

SEGURO HAC LUCE MOBILIDADE

Compañía aseguradora: Chubb European Group Limited Sucursal España

Póliza: curso 2019/2020

Renovación: curso 2020/2021

Obrigatorio: Alumnos da Universidade da Coruña de mobilidade (saíntes ao estranxeiro mediante un programa de intercambio internacional).

Outras informacións/recomendacións

Recoméndase ler o contido das pólizas: a extensión e ámbito das coberturas, a duración, os datos de contacto para calquera información ou declaración de sinistros, etc.

É importante informarse dos centros sanitarios concertados polas compañías aseguradoras, dos prazos establecidos para os diferentes trámites e dos capitais asegurados.

O alumnado que participe en calquera das actividades deportivas organizadas pola Universidade da Coruña debe coñecer o procedemento a seguir no caso de sufrir un accidente ou lesión.

Independentemente de cando se contraten os seguros, a prima e duración máxima da cobertura dos seguros son as establecidas no condicionado das pólizas.

Consultas: seguros.estudantado@udc.gal