Residencia Pública Universitaria de Ferrol

Rúa Sánchez Barcaiztegui, 28
15401 Ferrol  
residenciauniversitaria.ferrol@udc.es
Tel.: 981 337 400 ext.: 3696

Máis información

Residencia Pública Universitaria da Coruña "Elvira Bao"

Praza Museo Nacional de Ciencia, 3
15011 A Coruña
residenciauniversitaria.coruna@udc.es
Tel.: 881 024 003

Máis información

Convocatoria de prazas para o estudantado da UDC

Convocatoria de prazas para o estudantado da UDC nas residencias públicas universitarias dos Campus de Ferrol e da Coruña. 

Regulamento de réxime interno das Residencias Públicas Universitarias da UDC

Convocatoria para o Curso 2020/2021 (nota de prensa cun resumo da convocatoria)

Plataforma para solicitudes

O alumnado que vaia matricularse por primeira vez na UDC, debe solicitar a praza nas residencias públicas universitarias (A Coruña - Ferrol), descargando e enchendo este formulario. Deberán presentalo coa documentación requirida na convocatoria en:

a) A Coruña: na Sección de Bolsas, Pavillón de Estudantes (campus de Elviña);
b) Ferrol: no SAPE, Edificio Apoio ao Estudo (campus de Esteiro);
c) ou por calquera dos procedementos establecidos no art. 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Nesta convocatoria fíxase o número de prazas ofertadas, os requisitos, o baremo de selección, o prezo e o prazo de presentación de solicitudes que rematará o día 31 de xullo de 2020.


Relacións provisionais de persoas admitidas, xunto coa puntuación acadada, e de solicitudes excluídas xunto coa causa da exclusión

As persoas excluídas disporán dun prazo de 5 días hábiles (até o 8 de setembro de 2020) para achegaren a documentación que permita emendar os erros que se apreciaren. Deben achegar a documentación que proceda por correo electrónico á dirección: bolsas@udc.es indicando no asunto: "relación provisional residencias".

A fíanza non pode presentarse ata a publicación da relación definitiva de admitidos e excluídos.


Resolución definitiva coas listaxes definitivas das residencias públicas universitarias nos campus de A Coruña e Ferrol, na Residencia "Elvira Bao" na Coruña e na Residencia Pública Universitaria de Ferrol

As persoas con praza concedida terán que efectuar o ingreso da fianza no prazo de CINCO DÍAS HÁBILES, desde a publicación desta listaxe. Na resolución indícase a conta bancaria onde realizalo e sinálase que unha vez realizado deberá remitir o xustificante por correo electrónico a bolsas@udc.gal 

A recepción do devandito xustificante suporá a confirmación da aceptación da praza. De non realizarse os trámites indicados entenderase que renuncia á praza e chamarase á persoa correspondente da lista de agarda.


Entrada na Residencia Elvira  Bao

Unha vez publicada a relación definitiva de asignación de prazas na Residencias Públicas Universitarias e por mor da pandemia da COVID-19, para poder acceder a habitación asignada nesta convocatoria é necesaria a solicitude de cita previa.

Para poder solicitala debe encher o formulario ao que accederá na seguinte ligazón:

CITA PREVIA ENTRADA NA RESIDENCIA ELVIRA BAO


As persoas que se aloxen nas residencias públicas universitarias deben descargar, encher e entregar asinada a Declaración Responsable COVID-19

Pode revisar o Plan de Prevención e Hixiene fronte á COVID-19 en:

 

Solicitude de prazas vacantes rematada a convocatoria ordinaria

Solicitude de prazas vacantes nas residencias públicas universitarias, logo da resolución reitoral da convocatoria de adxudicación de prazas.

Logo da asignación de prazas pola devandita convocatoria poden solicitar as prazas vacantes das residencias públicas universitarias.

O prazo de solicitude para cuartos permanecerá aberto até o último día hábil do mes de xuño.

O procedemento, condicións e requisitos dos solicitantes establécense na instrución 2/2019-2020 (que substitúe e derroga a 1/2018-2019), que poden atopar, xunto coa instrución na que se establecen os prezos para o curso 2020/2021, nas seguintes ligazóns:

Unha vez publicada a listaxe definitiva da convocatoria oficial, poderanse solicitar as prazas vacantes. Haberá a posiblidade de solicitar  habitacións dobres para uso individual na residencia Elvira Bao da Coruña. Esta posibilidade suporá o pago do prezo da habitación dobre completa e estará suxeita a que haxa dispoñibilidade e non prexudique a outras solicitudes.

Para presentar a súa solicitude debe encher o seguinte formulario: FORMULARIO DE SOLICITUDE PRAZAS VACANTES



 

Axudas de carácter xeral do Plan Propio da Universidade da Coruña destinadas ao aloxamento dos estudantes