XORNADA DE BENVIDA AO ESTUDANTADO DA UDC 2026/27

Dámosche a benvida á Universidade da Coruña! Comezamos o curso cunha xornada especialmente pensada para ti: o noso novo estudantado, tanto nacional como internacional.

Cando?

Xoves, 17 de setembro de 2026

Onde?

Campus da Coruña
 
Campus de Ferrol
Praza Central –  Esteiro

Que atoparás?

  • Postos informativos dos servizos universitarios e unidades administrativas que che acompañarán durante a túa vida universitaria (deportes, cultura, voluntariado, emprego, linguas, igualdade...).

  • Postos informativos das asociacións estudiantís e o Consello do Estudantado onde poderás apuntarte ás súas actividades.

Por que asistir?

Porque é a mellor oportunidade para:

  • Descubrir todo o que a UDC che ofrece fóra das aulas.

  • Resolver dúbidas sobre servizos como becas, mobilidade, deportes, voluntariado, etc.

Contamos contigo! Conta connosco!