O voso Hub de aprendizaxe

Nesta páxina quixemos reunir algunhas das fontes de información claves para ter éxito no día a día da Escola. Comezamos cunha guía web onde en dous minutos podedes gañar competencias en como buscar información en Arquitectura: coñecer as estratexias básicas (os 10 mandamentos da busca) e identificar as principais bases de datos e buscadores da nosa disciplina.

Posteriormente presentamos tres páxinas adicadas a unha tipoloxía documental concreta: os libros electrónicos, a cartografía e as normas técnicas.

Para rematar, fixemos tres páxinas adicadas especialmente ao estudantado que está a realizar o TFG, o TFM ou a Tese.

Esperamos que todo sexa do voso interese.