La Catedrática de Dereito Penal da UDC, Dª. Patricia Faraldo Cabana, imparteu o pasado 23 de outubro a conferencia titulada "Aspectos éticos do goberno do dato nos ámbitos policial e militar".
Durante a súa intervención, Patricia Faraldo analizou as cuestións éticas e os problemas prácticos relacionados coa gobernanza dos datos de interés policial no marco da Unión Europea (UE). A profesora presentou as ferramentas e os mecanismos que se están a impulsar para mellorar a cooperación entre os corpos de policía dos distintos países europeos, así coma as que facilitan a investigación académica neste ámbito. Ademáis, explicou as razóns que xustifican a aplicación das normas existentes no ámbito militar, un espacio no que, según sinalou, «habitualmente créese que non rexen as limitacións ético-legais da protección dos datos persoais».
Esta conferencia foi impartida por Luis Gorrochategui. Nela o ponente abordou un dos episodios máis relevantes da historia naval española, un ámbito no que conta cun recoñecemento consolidado. Explicou as circunstancias do ataque da armada inglesa contra a cidade da Coruña, e como esta cidade e os seus habitantes conseguiron resistir e, incluso, repeler o ataque estando claramente en inferioridade de condicións.
O Catedrático de Dereito do Traballo da USC, José María Miranda Boto, imparteu a charla "Tolkien e o mar". Aínda que a obra de J.R.R. Tolkien se ambienta principalmente na Terra Media, o mar tamén está presente dun xeito moi importante e simbólico. Desde os primeiros contos de O Silmarillion ata os ecos que resoan no epílogo inédito de O Señor dos Aneis, o mar representa "tanto a nostalxia dun paraíso perdido como a promesa do inalcanzable". Engade que o mar tamén é un lugar perigoso para os hobbits porque "as augas que rodean Númenor, a Atlántica de Tolkien, testemuñan o orgullo humano e o seu castigo cando a illa se afunde nun cataclismo". Deste xeito, Tolkien "dota ao mar dunha dimensión narrativa e simbólica que o converte nun dos grandes motores da imaxinación na súa obra".
O pasado 4 de marzo María Brión, Doutora en Bioloxía e coordinadora do Proxecto Xenoma deu unha charla sobre este ambicioso proxecto. A o longo da conferencia explicou pormenorizadamente qué son os estudos xenómicos poblacionais e como iniciativas do tipo Xenoma Galicia representan unha oportunidad estratéxica para mellorar a saúde da comunidade.
Tamén abordou de forma sinxela como a análise do ADN de miles de personas permite coñecer mellor o risco de enfermidades frecuentes e/ou raras, avanzando cara unha medicina máis preventiva e personalizada favorecendo a investigación biomédica, garantindo sempre a confidencialidade e o uso responsable dos datos.
O pasado 16 de abril a Cátedra tivo o pracer de recibir a Ana Laborde como conferenciante. Ana Laborde Marqueze, titulada pola Escuela Superior de Conservación y Restauración de Bienes Culturales de Madrid, especialidade de Arqueoloxía. Licenciada en Geografía e Historia, especialidade de Prehistoria y Arqueología, pola Facultad de Filosofía y Letras de la Universidad Autónoma de Madrid. Desde 1986 traballa no Instituto del Patrimonio Cultural de España del Ministerio de Cultura y Deporte como conservadora-restauradora de materiais arqueolóxicos, e desde 1998 no Departamento de Materiais Pétreos. Coordinou proxectos de intervención en Bienes de Interés Cultural como os mosteiros de Sto. Domingo de Silos, San Juan de la Peña, Sta. Mª de El Paular, Sta. Mª La Real de Nájera y las catedrales de Palma de Mallorca, Burgos, Sigüenza e Santiago de Compostela. Coordinou o Proxecto de Conservación e Restauración do Pórtico da Gloria que foi o tema da conferencia. A o longo desta charla explicou todos as fases desta restauración, que implicou moito traballo de investigación sobre o soporte (a pedra granítica) e a policromía, superposta en varias capas, que tiña o Pórtico. Esta restauración - conservación foi un traballo dun equipo multidisciplinar que empregou técnicas e aparellos novidosos nestas labores.