A Universidade da Coruña, a través do Centro Universitario de Formación e Innovación (CUFIE), pon a disposición de toda a comunidade educativa e de calquera persoa interesada a plataforma de formación en aberto UDCAberta.
A plataforma contén cursos de formación de interese xeral, creados por docentes da UDC e producidos pola Unidade de Teleformación do CUFIE. Os cursos poden estar en galego, en castelán ou en inglés. Calquera persoa interesada pode inscribirse gratuitamente nos cursos por dúas vías:
Unha vez superados os requisitos establecidos en cada curso, a persoa obterá un diploma acreditativo que a plataforma libera automaticamente.
O alumnado de grao da UDC pode optar ao recoñecemento de créditos pola formación cursada en UDCAberta . Recoñecerase 1 crédito por cada 20 horas de formación nestes cursos, ata un máximo de 3 créditos por curso académico. Toda a información relativa pode consultarse na Resolución reitoral sobre recoñecemento de créditos por actividades publicada o 04/05/23, así como na normativa asociada.