1. Solicitude de asesoramento

Se estás nun proxecto de investigación e precisas asesoramento para crear un curso MOOC, envía este formulario e poñerémonos en contacto contigo á maior brevidade posible:

2. Solicitude de alta de curso MOOC de colaboración

Se formas parte dalgún proxecto que implique a creación dun MOOC e precisas a nosa colaboración, envía este formulario cuberto e poñerémonos en contacto contigo á maior brevidade posible:

3. Solicitude de certificación para PDI por MOOCs impartidos

Se eres PDI e coordinas un MOOC impartido en UDCAberta, tes dous meses de prazo desde a data de finalización para cubrir e enviar a memoria de resultados a través deste formulario. Unha vez recibida a memoria, procederemos a certificar a participación de todo o equipo docente no curso. 

Paso 1

Descarga aquí o modelo de memoria de resultados.

Paso 2

Sube a memoria a este formulario