Publicada a III Convocatoria de proxectos de innovación para a elaboración de cursos MOOC da Universidade da Coruña. Toda a información atópase nas seguintes ligazóns:
Modelo necesario para facer a solicitude:
O prazo de solicitude remata o 10 de febreiro de 2025 e realízase exclusivamente a través do rexistro electrónico da Sede electrónica da UDC. No formulario do rexistro electrónico, no campo “destinado a” débense seleccionar “servizos” e “CUFIE”. Calquera documentación entregada por outras vías non será admitida.
1. Resolución de nomeamento da CAM (Comisión Asesora de Mooc). Publicada en sede electrónia o día 28/02/2025.
2. Resolución provisional da revisión administrativa. Publicada en sede electrónica o día 17/03/2025.
3. Resolución definitiva da revisión administrativa. Publicada en sede electrónica o día 02/04/2025.
4. Resolución provisional da III Convocatoria para a elaboración de cursos MOOC. Publicada en sede electrónica o día 25/04/2025.
5. Resolución definitiva da III Convocatoria para a elaboración de cursos MOOC. Publicada en sede electrónica o día 15/05/2025.